O Mercado Municipal de Teis reuniu ao longo dos seus moitos anos de existencia a máis de 50 comerciantes, dos que a maioría son peixeiros, como corresponde a un barrio tan mariñeiro como Teis.
Cos anos, o mercado, que orixinariamente só vendía peixe, abriuse a outros produtos, como froita, carne e ata albergou unha perruquería na súas instalacións.
Consíderase un dos mercados máis tradicionais e con máis movemento da nosa cidade. Situado nunha das maiores concentracións comerciais de Vigo, a rúa Sanjurjo Badía, fai de Teis un barrio con moita vida.
Horario:
De luns a sábado: 07.00–14:30 e 17.00–20.30
Domingo: pechado
Próximos eventos:
09ago20:00No verán un conto: Som Voltas!PEQUERRECHOS | De balde20:00 Mercado de Teis
Detalles do eventos
Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.
No verán un conto: Som Voltas!
Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.
Contadas, teatro de rúa, concertos, danzas, xincanas, obradoiros, xogos populares, regueifas… para compartir, participar, gozar… e garantirlle novas primaveras á lingua galega.
Tamén haberá actividade en lingua de signos.
MARTES 9 AGOSTO – SOM VOLTAS – SERVANDO E CONTRADANÇA
Grupo de música tradicional basicamente galego-portuguesa que tamén explora ritmos e danzas procedentes doutros folclores. Nos seus espectáculos ao vivo alternan cantigas e danzas tradicionais con sinxelas guías de danza para quen quixer poida participar nelas.
En Teis (fronte ao mercado/praza de abastos)




Máis

(Martes) 20:00
Mercado de Teis
Mercado, 36207 Vigo, Pontevedra
30ago20:00No verán un conto: SAABOR!PEQUERRECHOS | De balde20:00 Mercado de Teis
Detalles do eventos
Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.
No verán un conto: SAABOR!
Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.
Contadas, teatro de rúa, concertos, danzas, xincanas, obradoiros, xogos populares, regueifas… para compartir, participar, gozar… e garantirlle novas primaveras á lingua galega.
Tamén haberá actividade en lingua de signos.
MARTES 30 AGOSTO – SAAABOR! – CULTURACTIVA PRODUCIÓNS
Actividade: teatro de rúa sobre alimentación saudable
Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela ata a máis elaborada, sen esquecer o viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia. Félix Rodríguez é un actor e músico cunha ampla traxectoria escénica en compañías como Odaiko, Píscore e Trío Refugallo, que nesta ocasión se complementa perfectamente con Fran Rei, cómico que ten participado en máis de 20 montaxes con compañías como Os Sete Magníficos máis Un, Pallasos en Rebeldía ou Acontrabutaca. Xuntos crearon este espectáculo, unha receita chea de sabor que fará as delicias dos padais máis esixentes.
En Teis (fronte ao mercado/praza de abastos)




Máis

(Martes) 20:00
Mercado de Teis
Mercado, 36207 Vigo, Pontevedra
30ago20:45RegueifasESPECTÁCULOS | De balde20:45 Mercado de Teis
Detalles do eventos
A Regueifa é un desafío oral improvisado en verso cunha orixe que, debido ao seu carácter basicamente oral, se perde na noite dos tempos. A súa referencia máis
Regueifas
A Regueifa é un desafío oral improvisado en verso cunha orixe que, debido ao seu carácter basicamente oral, se perde na noite dos tempos. A súa referencia máis próxima dinos que durante o banquete das vodas campesiñas era tradición que a parella ou a madriña da parella puxese a disposición das persoas non convidadas á celebración, un bolo de pan chamado “regueifa”. O xeito de ver a quen lle cabía o honor de repartir a regueifa era retarse dialecticamente en verso, meténdose entre elas e eles cos contraentes ou coas súa familia. Gañaba quen facía gala do maior enxeño e retranca.
Na actualidade a confrontación realízase normalmente por parellas sen que interveña no enfrontamento dialéctico ningunha outra persoa, aínda que é relativamente habitual que cando hai varios/as regueifeiros/as ao final participen todos/as nunha roda na que cada quen fai unha copla.
No Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo levamos dende o ano 2013 poñendo en valor esta arte de improvisar, formando novas e novos regueifeiros e transmitindo este patrimonio inmaterial galego.
Nestas actividades poderemos admirar a improvisación destas novas e novos regueifeiros que son acompañados por improvisadoras/es profesionais.
Duración: entre 45 e 75 minutos
ORAL de Galicia e alumnado do CIOV (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo).
Mércores, 3 de agosto ás 20:45 no Calvario (fronte ao mercado/praza de abastos)
Sábado, 6 de agosto ás 20:45 na praza da Pedra
Venres, 26 de agosto ás 20:45 na praza da Independencia
Martes, 30 de agosto ás 20:45 en Teis (fronte ao mercado/praza de abastos)
Máis

(Martes) 20:45
Mercado de Teis
Mercado, 36207 Vigo, Pontevedra