Chucho González e Miriam Rodríguez son as mentes creativas detrás de La Luthería, un espazo artístico no que conflúe a súa paixón pola música, o audiovisual, o espectáculo e a estética coidada. Cun local de estética vintage que evoca o glamour dun piano bar dos anos 20, este espazo non opera como unha sala de concertos ao uso, senón comoun plató de gravación de sesións en directo. O obxectivo é que os artistas obteñan rexistro audiovisual de alta calidade mentres interactúan cun público real, capturando así a esencia do directo.
Ademais da gravación de directos, La Luthería ofrece un amplo catálogo de servizos que inclúe a dobraxe e un estudo preparado para a gravación ou aluguer de pódcasts. No ámbito formativo, o centro destaca polas clases de técnica vocal de Miriam Rodríguez para perfís profesionais e o innovador Summus Lac. Este “coroshow” semiprofesional (cuxo nome en latín remite á “leite que está no máis alto”) agrupa talentos de diversos sectores como a música, a danza e o teatro nunha proposta escénica integral.
Chucho e Miriam tamén contan cun proxecto musical, Le BarLuthier, un piano de cola funciona como unha barra de bar, utilizando a súa caixa de resonancia para tal fin e ofrecendo música e copas alá onde o requiran. Comezou como un espectáculo de música de ambiente para eventos privados, pero evolucionou cara un espectáculo teatralizado e cabareteiro, cunha forte carga de interacción cómica co público. No seu repertorio teñen xéneros jazz, dixie e latin e tanto o son como a estética lévannos a primeira metade do século XX.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Festival Millo Verde: música, cultura e compromiso comunitario na Praia de Cesantes - 15 Maio, 2026
- O violinista escocés Alasdair Fraser encabeza o Encordass Fiddle Fest - 15 Maio, 2026
- Hard GZ, Golpes Bajos e Killer Barbies, no novo festival de Vigo - 13 Maio, 2026
- Editatona para visibilizar as escritoras galegas - 12 Maio, 2026
- SonRías Baixas publica o cartel por días - 8 Maio, 2026



