Fundada en 1999, La Casa de Arriba é unha cervexería desenfadada, un bar musical cun ambiente moi agradable, situado na zona peatonal de Churruca, nunha casiña de dúas plantas, de pedra e madeira do ano 1900. O sitio perfecto para unhas birras ou a primeira copa.
Todas as semanas programan música en vivo tanto de bandas consagradas como de grupos novos, dando especial apoio aos músicos emerxentes desde hai moitos anos.
Os martes hai Jazz grazas ao seu ciclo LA JAM DE LA CASA DE ARRIBA, nado 2012, cos mellores músicos da comarca e artistas internacionais.
Ao seu escenario tamén sobe o grupo 8mm Teatro coas súas funcións de microteatro o segundo xoves de cada mes onde as risas do público escóitanse en todo o barrio.
Todo aquel que o desexe pode alugar a planta de arriba do bar para aniversarios, festas privadas, concertos privados, karaokes…ou se prefires sesión vermú, alugan tamén a parte de abaixo ao mesmo prezo.
Grazas á boa acústica do piso de arriba, está dispoñible para grabacións tando de audio como de vídeo. E se precisas un técnico, eles tamén cho facilitan.
Se queres reservar para festa privada: 986136719
Se queres actuar na CdA: lacasadearribavigo@hotmail.com
Horario:
De luns a xoves: 19.00-02.00
Venres e sábado: 19.00-03.00
Domingo: 19.00-02.00