Jukebox é unha cervexaría e gin bar vintage totalmente informal cunha alma e unha temática moi musical que se respira en canto entras nel.
É un pequeno oasis musical na zona de Rosalia de Castro e Areal cunha pantalla xigante de vídeo onde se dan cita todos os grandes grupos e cantantes de décadas pasadas.
Se es amante do gin-tonic, en Jukebox dispoñen de 100 referencias distintas nunha carta dixital de gins pero tamén hai espazo para as cervexas artesanais e importadas, sidras de sabores e un amplo abanico de ron, whisky e vodka.
Horario:
Luns: 17.00–01.00
Martes: 17.00–01.00
Mércores: 17.00–01.30
Xoves: 17.00–02.00
Venres: 17.00–04.00
Sábado: 17.00–04.00
Domingo: 17.00–00.00
Próximos eventos:
Non hai eventos