O restaurante vexetariano Gálgala ofrece unha cociña ovo-láctea imaxinativa, multicultural e inesperada, pois a carta sorprende con diferentes combinacións cada día da semana.
Un local no corazón da cidade onde é posible tomar alento, relentizar as présas e comer eses pratos caseiros que non dá tempo de elaborar na casa.
Con opción de levar á domicilio, tamén se poden mercar os ingredientes na pequena tenda do local para cociñalos un mesmo. Produtos biolóxicos, integrais e de prezo xusto.
Todo isto condimentado coas exposicións temporais que colgan das súas paredes e polo concurso de relatos breves.
O teu relato pode ocupar a carta do Gálgala.
Cada trimestre convocan un concurso de microrrelato no que poden participar todos os vexetarianos, veganos e omnívoros que pasen polo restaurante. Como requisito imprescindible os relatos deben comezar pola frase proposta na carta e a súa extensión non pode exceder das 10 liñas. Despois dunha primeira selección, os traballos estarán expostos no local durante unha semana para que todos os poidan ler e deixar o seu voto. Finalmente só un formará parte da carta do Gálgala durante os seguintes dous meses e ademais gozará dunha cea para dous.
Horario
Luns: pechado
Martes, mércores e xoves: 13.00–16.00
Venres: 13.00–16.00, 20.30–23.30
Sábado: 13.00–16.00, 20.30–23.30
Domingo: pechado