A El Trigal o oficio vénlles de familia. Xeracións enteiras creceron entre fornos de leña, fariña, froitas, chocolate e azucre. Aprenderon que cada cousa necesita o seu tempo e que para poder gozar dun bo pan este debe amasarse con mimo, deixar que fermente lentamente para conseguir que a súa textura sexa fina e esponxosa, cocelo a lume lento para obter unha cortiza dourada e un sabor único a pan pan.
En El Trigal elaboran a diario, seguindo os procesos tradicionais e seleccionando minuciosamente a materia prima coa que traballan, unha gran variedade de pans e pasteis para que aqueles que os proben gocen dos cheiros, sabores e texturas de sempre.
Desde hai uns meses están na Sede do Celta, en pleno corazón de Vigo. Xusto enrriba da tenda do Celta ofrecen almorzos, merendas e menú do día. O sitio perfecto para facer unha parada doce entre recado e recado.
Horario:
De luns a venres: 09.00–13.30, 16.30–18.30
Sábado: Pechado
Domingo: Pechado