Sala na que a música en directo e a arte son os eixos principais da súa actividade. En El Contrabajo crean un ambiente único onde gozar e onde a relación entre o artista e o asistente é próxima e íntima.
El Contrabajo ofrece aos seus clientes a posibilidade de gozar dunha copa escoitando boa música nun ambiente interactivo. As actuacións en directo son unha constante todas as semanas, sendo un referente na cidade olívica desde a súa apertura no verán de 2006.
Pero a interactividade tamén se observa nos seus andeis cheos de libros. Libros que calquera pode levar para a súa casa, do mesmo xeito que pode deixar outro.
Todo isto unido ao gusto pola boa música, con predilección polo jazz e blues, pero sen descartar rock, pop, bossanova, soul…
Horario: xoves, venres e sábado de 21.30 a 03.00
Próximos eventos:
Non hai eventos