Despois de varios anos traballando en Madrid, a dupla formada por Raquel Meleiro e Enrique Basteiro, decidiu regresar á terra e ofrecer o que vían que moitos galegos ían buscar a Madrid: formación artística orientada ao mundo audiovisual.
Baixo esta premisa nace ActuARTE, un centro de formación orientado en maior medida á formación interpretativa para todos os niveis e idades, así como a outras disciplinas máis ou menos complementarias: canto, danza, dobraxe, expresión corporal, fotografía ou técnica vocal.
Nesta escola son benvidas tanto as persoas que non teñen ningún tipo de experiencia e queren probar como aqueles profesionais que queiran recibir máis formación nalgún campo concreto ou mesmo asesoramento para confeccionar un videobook ou preparar un casting.
No centro combínanse cursos regulares, de formación continuada, con monográficos intensivos e clases maxistrais a cargo de xente de renome no seu medio. ActuARTE tamén oferta formación específica para estudantes de Comunicación Audiovisual ou para alumnos da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD): comunicación e locución, dirección de actores, dobraxe, interpretación ante a cámara ou fotografía.
En ActARTE proporcionan toda a súa oferta formativa de maneira virtual, cunha canle segura de formación por posibles cambios causados polo COVID-19. Poñen a disposición de quen o precise, un “adestrador” persoal para a preparación de castings, personaxes, textos noutro idioma ou acompañamento en set durante a rodaxe.
Ademáis de todo isto, tamén podes acudir a eles para asesoramento Laboral, de redes sociais, book ou videobook.
PRÓXIMOS OBRADOIROS: