Situado nun dos balcóns máis emblemáticos da cidade, o Paseo de Afonso XII, A Póla converteuse nun espazo de referencia para o tardeo vigués. O local, rexentado por Iván Puga desde 2024, combina unha ampla terraza con vistas á ría e programación cultural.
A Póla é un clásico vigués das quedadas a última hora da tarde. A ampla terraza nun dos mellores miradoiros urbanos da cidade, o Paseo de Afonso, é o seu principal atractivo. Pero o local tamén funciona como escaparte de arte local, programando exposicións e concertos regularmente.
O bar pon o foco no tardeo, un concepto que, segundo Puga, non está plenamente consolidado en Vigo. Abre as súas portas ás 16:10 horas, en homenaxe ao poema de Aute, e no interior do establecemento conta cunha colección de reloxos parados a esa hora. Queren ser o lugar de referencia para os que prefiren non retirarse á casa despois dun xantar, propiciando que as sobremesas se solapen coas copas de última hora da tarde. A terraza da Póla é un elemento distintivo do local e un dos seus principais atractivos. O Paseo de Afonso XII é punto de reunión para quen busca un lugar en pleno centro desde o que gozar das vistas á ría e o solpor, e a Póla de Iván é o local axeitado para deleitarse co final do día con boa música e algo fresquiño na man.
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Os concertos de Castrelos teñen un custo de arredor de tres millóns e medio de euros - 30 Xuño, 2026
- Do bar ao mundial: a evolución imparable do fútbol gaélico en Galicia - 29 Xuño, 2026
- O Vigo de Miguel Costas - 29 Xuño, 2026
- A Asociación As da Industria despídese da organización de eventos por mor das “trabas burocráticas do Concello de Vigo” - 29 Xuño, 2026
- O labirinto administrativo de Vigo: por que é tan difícil organizar un evento cultural no espazo público - 4 Xuño, 2026




