BIBOPALULA

Reciclaxe, arte e educación no campamento Colores Creativa

Colores Creativa é un campamento de verán organizado por Felicetta, Mayra e Aaron na cafetería Los Girasoles, na rúa Arenal, 144. Os tres monitores, profesionais apaixoados do desenvolvemento infantil e a arte, avogan por ofrecer á rapazada de 6 a 12 anos experiencias seguras e educativas cheas de creatividade e diversión.

Todas as actividades que se levan a cabo no campamento poden desenvolverse no día a día e teñen a reciclaxe como eixo principal: pintura, baile, debuxo, cociña, lectura creativa, creación de xoias con goma eva, cultivo e coidado de plantas, ximnasia creativa, traballos sensoriais… Diversión e educación van da man en Colores Creativa.

Este campamento artístico destaca pola amplitude do seu horario (toda a mañá e todo o verán) e pola variedade de actividades que se desenvolven nel: reciclaxe, pintura, baile, debuxo, cociña, lectura creativa… Materiais incluídos.

REVISTA XUNHO

Datas: 7 de xullo a 5 de setembro
Horario: 9:00 h a 14:00 h
Idade: 6 a 12 anos
Prezo:
120,00 € unha semana, con descontos nas sucesivas semanas
Enderezo: Cafetería Los Girasoles, en rúa Arenal, 144
Contacto: 664 22 53 34 ou felicettagualtieri@gmail.com