Rebeliom do Inframundo e Dakidarría encabezan o cartel do Yalah Festival, a favor de Palestina

O vindeiro mes de decembro, Vigo acollerá a primeira edición do Yalah Festival, un encontro cultural e musical que nace coa vontade de reivindicar a solidariedade co pobo palestino a través da palabra e da música. O festival reunirá a algúns dos artistas máis relevantes da escena galega e estatal como Rebeliom do Inframundo e Dakidarría, as dúas bandas que encabezan o cartel.

O evento distribúese en tres datas ao longo do mes de decembro. Na primeira, que aínda está por confirmar, terá lugar un recital poético, no que participarán numerosas e recoñecidas voces galegas. O mércores 10 de decembro, The Monk Pub acollerá unha xornada informativa, coincidindo co Día Internacional dos Dereitos Humanos. Por último, o venres 12 do mesmo mes, será o concerto solidario na Sala Masterclub, con presenza de catro bandas moi coñecidas no panorama musical galego e nacional.

ESCENICAS

Ao rap combativo de Rebeliom do Inframundo e ó mestizaxe festivo de Dakidarría súmanse o estilo inconfundible de Nadie González e a potencia rockeira de Flaperrys. Xuntos, converterán a música nun altofalante de solidariedade, no marco dunha velada cargada de forza e compromiso social.

Cartel do concerto solidario | Cedido

Todo o recadado no concerto será destinado integramente ás organizacións Pallasos en Rebeldía, Hope Palestina e Médicos sin fronteras, que traballan sobre o terreo ofrecendo axuda de emerxencia e apoio á poboación civil. Haberá tres tipos de entrada:

  • Entrada solidaria para asistir ao concerto
  • Entrada solidaria para asistir ao concerto + camisola
  • Entrada Fila 0 (colaboración económica)
Camisola oficial | Cedida

Todas as entradas pódense mercar premendo aquí. En definitiva, o concerto é unha chamada á cidadanía para sumarse a unha causa xusta a través da cultura, demostrando que a música pode ser motor de cambio e esperanza.