Quince plans culturais para gozar do outono en Vigo
Coa fin de agosto a actividade cultural da cidade comeza a volver ao seu estado habitual. Regresa o teatro, os monólogos, os musicais, os concertos en salas e o resto de actividades que non adoitan casar ben co verán. Recompilamos algunhas das máis interesantes para este outono.

19-27/9 GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL | Plaza Elíptica
O festival internacional de cine freak e fantástico de Vigo celébrase do 19 ao 27 de setembro nos Cines Tamberlick da Praza Elíptica, onde proxectarán 74 curtametraxes procedentes de 34 países. Máis de 14 horas de cine freak que converterán Vigo na capital internacional do cinema fantástico e de terror. E ollo, que esa é só unha parte da súa ampla programación, que inclúe charlas, exposicións, cine infantis, obradoiros e proxeccións especiais.
13/9 FACU DÍAZ E MIGUEL MALDONADO | Teatro García Barbón
Quieto todo el mundo é o último proxecto de Facu Díaz e Miguel Maldonado. As noticias mandan e eles proceden a esnaquizalas neste show semanal dirixido ao seu consumo en plataformas dixitais pero que xa se converteu nun show digno de presenciar en directo.
14/9 PIMPINELA | Mar de Vigo
O icónico dúo formado por Lucía e Joaquín repasará as súas emblemáticas cancións de amor e desamor nun show único.
26-27/9 FREIXO ROCK | Freixo
Trinta aniversario dun dos festivais máis lonxevos de Vigo e a súa área. Entre os grupos que actúan atopamos No Konforme, Bala, Os Vacalouras ou Skarface.
3/10 ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS | Teatro García Barbón
O grupo vigués celebra vinte anos de traxectoria nun dos escenarios máis importantes da cidade cun conerto no que repasarán toda a súa discografía.
4-5/10 SOMOS CRIMINAIS E PUNTO FINAL | Mar de Vigo
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán poñen o punto e final a un dos proxectos máis exitosos do teatro galego nas últimas décadas cun novo espectáculo en xira por toda Galicia.
10-11/10 VIGO PSYCHFEST | Sala Masterclub
Festival especializado en stoner, doom metal e rock psicodélico. O cartel está formado por bandas galegas e internacionais: Travo, Atomic Vulture, Madmess, The Miffs, Totengott e Mil Homes. Unha semana antes, o sábado 4, celebran o pre-fest cos concertos de Moura e Sulfur Giant.
24/10 SANTIAGO AUSERÓN | Mar de Vigo
Unha das grandes lendas da música estatal, o que foi líder de Radio Futura regresa a Vigo para reelaborar parte do seu cancioneiro da man da Academia Nocturna.
25/10 VALERIA CASTRO | Mar de Vigo
Tras completar unha xira de 82 concertos con entradas esgotadas en teatros de máis de 10 países co seu primeiro álbum, Valeria presenta el cuerpo después de todo, o seu segundo traballo de longa duración. Producido polo oito veces gañador do Latin Grammy Carles Campi Campón (Jorge Drexler, Natalia Lafourcade, Vetusta Morla), este álbum marca un exercicio de maduración artística e persoal.
31/10 ERNESTO SEVILLA | Teatro García Barbón
En Yo, Literal, Ernesto Sevilla presenta un monólogo cómico que fusiona o seu enxeño e humor característicos con reflexións sobre a súa vida e a sociedade actual. A través de anécdotas persoais e experiencias divertidas, aborda temas como a tecnoloxía, as relacións e a confusión do mundo moderno, sempre co seu toque irónico.
14-15/11 UNDERFEST | Varios espazos
O Festival Underfest Xacobeo regresa aos principais escenarios de Vigo coa súa oitava edición convertido en cita de referencia do outono musical galego. O festival mantén a súa aposta por ofrecer un formato especial e coidado, cunha oferta musical variada nun cartel que aglutinará como sempre distintos estilos. Polo momento están confirmadas as actuacións de Pshychedelic Furs, The Tubs e Cracker.
15/11 ROMEO Y JULIETA. EL MUSICAL | Mar de Vigo
Produción cunha elegante escenografía e unha delicada iluminación que reproduce a atmosfera da época dunha das cidades máis máxicas de Italia: Verona, que xunto a un luxoso deseño de vestiario que coida ata o último detalle, recréase fielmente a sociedade na que viviu o seu autor.
16/11 AL DI MEOLA | Teatro García Barbón
É un dos grandes guitarristas do noso tempo, cun currículo ao alcance de poucos. A súa exitosa traxectoria abarca xa máis de catro décadas, onde o músico norteamericano acumula, entre outros logros, catro discos de ouro, dous de platino e máis de seis millóns de discos vendidos en todo o mundo.
Outubro – MUSICAV | Teatro García Barbón
Coas datas aínda por confirmar, este outono volve o Musicav, un ciclo de música clásica e jazz organizado polos responsables do Vitruvia Café.
Novembro – HEMATOFESTI | Varios espazos
Tamén coas datas por confirmar, a segunda edición deste evento de humor e literatura infantil e xuvenil volverá a celebrarse en diferentes espazos da cidade olívica.



