Quen é quen na Reconquista? Os veciños que están tras os personaxes
A veciñanza do Casco Vello reúnese un ano máis para representar algunhas das personaxes emblemáticas da festa viguesa por excelencia, a Reconquista. Preme aquí para consultar a guía práctica da celebración.


Alcalde Alonso Cayro
Encarnado este ano polo veciño José Fumega, o afrancesado Alcalde Alonso foi destituido e metido no cárcere por querer pactar cos franceses.

Gobernador François de la Rocque
Este ano o gobernador é o veciño Cándido Pérez que da vida a este ilustrado en contra do absolutismo.
Foi reemplazado por Juan de Villavicencio pola insurrección local debido á súa pésima xestión.

Rexedor Puga
Javier Fernández encarna ao concelleiro en contra do movemento liberal español que fai todo o posible para evitar a invasión francesa.

Juan de Villavicencio
Este ano o gobernador que substitúe a de La Roque é Evaristo Pereira. A parte de ocupar o cargo do anterior gobernador militar, elixido polo pobo, decidiu entregar Vigo e tras acabar no cárcere, finalmente foi absolto.

Abade de Valadares
Interpretado por Manuel Lago, o abade recruta e loita en defensa de Vigo en nome de Deus, acompañado de Carolo, Cachamuiña, Almeida, o cura de Matamá e a Milicia de Mos.

Alcalde Vázquez Varela
Suso encarna ao alcalde elixido polo pobo tras a destitución de Cayro. Agrupouse co pobo para liberar á vila dos franceses.
Soubo ir minando o inimigo, racionándolle a comida para que, chegado o momento da revolta, estivese baixo mínimos de enerxía.

Joaquín del Rey
Representado por Daniel Medina, Joaquín del Rey é quen efectúa unha especie de ‘golpe de estado’ destituíndo tanto ao alcalde como ao gobernador.

Aurora
Encarnada por Juana Domínguez, representa a todas as mulleres que loitaron en contra dos franceses.
Considerada como a líder das verduleiras, tivo un papel fundamental no abastecemento de armas e munición.

Comandante Chalot
Pretendía formar un asentamento en Vigo para abastecerse previo á conquista de Portugal.
Representado este ano por Cristian Alberto, Chalot, a pesares da perda de Vigo, remataría a súa carreira sendo un dos oficiais máis condecorados do exército napoleónico.

María Torres
Directora da representación, leva seis anos dirixindo. Levan ensaiando esta representación uns dous meses, reivindica a importancia da representación pola súa importancia xa que é o previo á Reconquista.

