CASTRELOS 25

Puro delirio reinvéntase con eventos baixo demanda

O restaurante-espectáculo Puro Delirio anuncia un importante cambio de rumbo: a partir de xullo deixará de ofrecer eventos recorrentes abertos ao público para pasar a un modelo exclusivamente baixo demanda.

Paula e Carlos Puga caracterizados como o Circo dos horrores, a temática actual de Puro Delirio

Os irmáns Paula e Carlos Puga, responsables do restaurante Puro Delirio, veñen de anunciar que o local deixará de ter unha temática diferente cada mes, como viñan facendo estos catro anos, así como unha axenda fixa de eventos. Despois de máis de 40 temáticas diferentes, nas que decoraban o local e creaban personaxes acordes que amenizaban as ceas e xogos, o anuncio marca o fin dunha etapa para este espazo situado no Casco Vello, no que se mestura gastronomía, teatro, diversión e experiencias sensoriais.

“A realidade actual lévanos a buscar unha fórmula máis sostible e flexible”, explican nun comunicado en redes sociais. A partir do próximo mes, serán os propios clientes quen decididan a súa aventura: desde ceas temáticas, Furor, Escape Rooms con actores ou a popular Cea a cegas (que probamos e comentamos neste artigo), ata experiencias personalizadas. Ademais incorporan a opción de desprazarse, puidendo contratar estas experiencias noutros espazos fóra do local.

Este xiro de formato responde á necesidade de adaptarse sen renunciar á esencia do proxecto. “Isto non é un adeus definitivo, senón unha pausa para reinventarnos”, subliñan. Unha pausa que abre a porta a unha etapa máis versátil, afastada da rixidez da programación semanal, e máis próxima ás necesidades do seu público.

RIO VERBENA

Antes deste cambio, Puro Delirio quere despedirse ao grande. Do 19 ao 29 de xuño, celebran unha última serie de eventos abertos coa actual temática: o Circo dos Horrores. Serán dez días intensos con ceas temáticas, xogos como o Trivial, shows de variedades pop, e o inconfundible selo da casa: humor, música e espectáculo.