CASAACUNHA

Os clubs de lectura, un bo propósito para o ano novo

Coa chegada do novo ano é frecuente pórse novos propósitos, un bastante común é o de ler máis. Para axudar neste cometido están os clubs de lectura, xuntanzas en torno a un mesmo libro.

Normalmente, as sesións están dirixidas por unha persoa que vai introducindo temas para comentar o libro, mais como sinala Laura Pérez, coordinadora dos clubs de lectura En Vigo sin parar, “créase un ambiente moi bo e todo o mundo acaba soltándose a falar, incluso os máis tímidos”. Laura, licenciada en Filoloxía Hispánica, coordina agora mesmo tres grupos de lectura. Un que se celebra dous martes ao mes no restaurante El Velero, outro trimestral no salón de peiteado PELUQart e o terceiro e máis veterano, chamado El Arpa Birmana. “Están abertos a todo tipo de persoas ás que lles guste ler. Vén xente dende vinte e pico de anos ata xubilados”, comenta Laura.

Arranca un novo club en galego
David González, tamén licenciado en lingua e literatura española, acaba de lanzar esta iniciativa que arrancará o vindeiro día 23 no restaurante vexetariano El Jardín del Soja, que contará coa presenza da escritora Rosa Aneiros. As sesións promovidas por David estarán divididas en dúas partes; na primeira, os asistentes comentarán o libro proposto seguindo as pautas marcadas polo filólogo; na segunda parte, incorporarase o autor da obra comentada, que responderá a tódalas preguntas dos participantes.

Para practicar idiomas
Tanto a Biblioteca Pública Juan Compañel como a Escola Oficial de Idiomas dinamizan grupos en diferentes linguas estranxeiras: alemán, francés, inglés, portugués… unha boa idea para ler e pór en práctica outras linguas. Ademais, co inicio de cada curso, o Instituto Camões acostuma a pór en marcha un grupo de lectura aberto.

Clubs de lectura ‘En Vigo sin parar’
   Lugar: Restaurante El Velero
   Impartido por: Laura
   Reunións: Dous martes ao mes de 20:00 a 21:30
   Idioma: Castelán
   Prezo: Pendente de confirmar

   Lugar: PeluqART
   Impartido por: Laura
   Reunións: trimestrais
   Idioma: Castelán
   Prezo: Inclúe té e doces

Club de lectura ‘Palabra de Gatsby’
   Lugar: El jardín del Soja
   Impartido por: David González
   Reunións: Derradeiros martes e mércores do mes
   Idioma: galego
   Prezo: 12 € mensuais ou 6€ unha sesión solta. Inclúe unha consumición e pequeña merenda.

Clubs de lectura Biblioteca Juan Compañel
   Lugar: Biblioteca Juan Compañel
   Impartido por: Marie Isabelle Prado.
   Reunións: Luns de 19:00 a 20:00 h.
   Idioma: francés
   Prezo: de balde para socios

   Lugar: Biblioteca Juan Compañel
   Impartido por: Natalia Fernández Castro.
   Reunións: Martes de 19:00 a 20:00 h.
   Idioma: Castelán
   Prezo: de balde para socios

   Lugar: Biblioteca Juan Compñel
   Impartido por: Patrick Freeman.
   Reunións: Mércores de 19:00 a 20:00 h.
   Idioma: Inglés
   Prezo: de balde para socios

Banner A Movidiña

   Lugar: Biblioteca Juan Compañel
   Impartido por: Natalia Fernández Castro.
   Reunións: Xoves de 19:00 a 20:00 h.
   Idioma: Galego
   Prezo: de balde para socios

   Lugar: Biblioteca Juan Compañel
   Impartido por: Mónica Carvalho de Santianna .
   Reunións: Xoves de 19:00 a 20:30 h.
   Idioma: Portugués
   Prezo: de balde para socios

   Club de lectura infantil (Biblioteca Juan Compañel)
   Impartido por: Corona Rodríguez Pérez.
   Reunións: Venres alternos de 18:00 a 19:30 h.