CASAACUNHA

Programación completa do Camiño a Camiño para esta primavera

Xa coñecemos a programación de Primavera 2019 de Camiño a Camiño, no que se recollen as actividades previstas para a tempada no tocante a percorridos medioambientais, hortas urbanas, voluntariado medioambiental e formación. As actividades comezan despois do Entroido. 

Última andaina do ano pasado polos montes de Candeán | Camiño a Camiño

Comezando polos percorridos medioambientais, o primeiro será o domingo 10 de marzo pola senda a carón do río Lagares. Os seguintes domingos do mes realizarase a clásica Senda da Auga de Vigo, dividida en tres etapas que nos permitirán transitar dende Vigo ao encoro de Eiras, pasando por Redondela e Pazos de Borbén.

No mes de abril e principios de maio vaise levar a cabo unha experiencia interesante de coñecemento dos lugares nos que a minería supuxo unha transformación da paisaxe. A primeira parada será no Rosal (07/04), seguindo a estela das minas de ouro dos romanos, e a segunda en Fontao (Vila de Cruces), coas famosas explotacións de volframio na primeira metade do século XX (14/04). Finalmente, visitarase o Xurés (05/05), combinando os dous tipos de explotacións anteriormente mencionadas.

Banner A Movidiña

O 12 de maio está prevista a VI Andaina polos montes de Vigo, e as fins de semana do 18 e 19 de maio e 1 e 2 de xuño terán lugar as tradicionais visitas as Illas Cíes e a acampada para familias.  Tamén hai previstas saídas de fin de semana completo. Arráncase coa visita á Ribeira do Douro (con base de operacións en Aranda del Duero) entre o 5 e o 7 de abril. Os percorridos de media montaña galega serán polo Xurés entre o 4 e 5 de maio e por Ancares entre o 1 e 2 de xuño.

Por último, para rematar a tempada, nos sábados 8 e 15 de xuño terán lugar as rutas nocturnas polos montes de Vigo, nesta ocasión no entorno dos montes de Coruxo e de Candeán. Asemade, nas fins de semana do 22 e 23 de xuño e 29 e 30 de xuño terá lugar a segunda edición das acampadas familiares en Vigozoo.

Ademais de todas estas rutas, o programa conta con cursos e conferencias. O sábado 9 de marzo serán os de Iniciación ao Voluntariado (10:00 – 13:00), o Curso básico de hortas urbanas (10:00 a 13:00) e o de Viticultura en Galicia (11:30 – 14:30), todos eles en Vigozoo. A partir de principios de marzo tamén se poderá participar no voluntariado medioambiental e nas hortas urbanas. Para máis información ou para inscribirte nalgunha das actividades, chamar ao 010, ao 986 81 02 60 ou ao 662 23 10 23 (este só para o voluntariado). Tamén podes premer nesta ligazón.