VIALIA
bannerPicnicSesions

Primavera na casa

Coa primavera vaise o frío, o sol empeza a coller forza e as plantas espetan do letargo do invernal e éncheno todo co colorido e o aroma das flores. Se vives lonxe do campo, non te preocupes; contamos con todo o necesario para levar a primavera a cada fogar da man das mellores: Estela Delga co proxecto Vidaverdi e Clara Redondo con Plantitis Crónica. Despois de seguir os consellos que nos dan e de nos poñer en modo xardineiros, poderemos crear un horto caseiro ou encher a casa de plantas para vivir nunha xungla particular. Mans á terra!

            Estela é unha exurbanita que agora vive nunha aldea da comarca catalá da Garrotxa. O interese pola natureza e por levar unha vida saudable espertou nela, cando aínda era unha estudante, a vocación de cultivar por si mesma o que ía comer. Tempo despois, nunha masía arredada nunha montaña, empezou a darlle forma á escola hortícola Vidaverdi, un proxecto no que a acompañan outras persoas no proceso de aprender a cultivar o os propios comestibles. Vidaverdi divídese en dúas pólas: por unha banda, a escola axuda familias que teñan horta e, por outra banda, créase contido en redes sociais para mostrar un estilo de vida rural, máis ecolóxico e sostible que o urbano,  ligado coa horticultura. Actualmente na escola hortícola hai diferentes cursos en liña, para facer cadaquén ao seu ritmo, como o de «Inicia a túa horta familiar», ideal para persoas que non teñan moito tino co sacho, pero que desexan cultivar un horto de maneira sinxela. No seu perfil en Instagram, @vidaverdi, dispoñen dun feixe de vídeos e fotografías con humor e frescura. Cos consellos desta escola podémonos iniciar na actividade hortícola desde cero, aínda que non nunca antes pisásemos unha leira. Se queres levar unha vida máis verde e autosuficiente, visita a web vidaverdi.es. Nada mellor que encher a casa de vida e a cociña de bos alimentos.

REVISTA ABRIL

            A paixón de Clara polas plantas levouna a deixar o mundo da moda para dedicarse en corpo e alma a crear contido e a dar consellos sobre os mellores coidados para plantas tropicais e de interior a través de Instagram, no perfil @plantitiscronica, e tamén desde outras plataformas como Pinterest, TikTok e Twitch. Dúas primaveras atrás, Clara empezou a buscar a xente que compartise con ela o gusto polas plantas e acabou converténdose nunha auténtica experta e volvéndose viral en redes polo contido sinxelo, divertido e cen por cento eficaz se queremos que as plantas luzan con todo o esplendor. Ademais de divulgar en redes sociais, Clara ofrécelles ás persoas e aos comercios que o soliciten, a busca e a compra de plantas ao xeito con cada estética, estilo de vida, tempo de dedicación e tendencias. Non dubides en visitar Plantitis Crónica se queres saber trucos tan eficaces como que hai algo máis importante que a rega nunha planta: a luz; que non por poñela nunha maceta grande a planta vai medrar máis ou máis rápido; ou que si, que se pode durmir con plantas no cuarto: iso de que rouban o osíxeno é un mito a desterrar, pois gastan máis osíxeno a parella ou o gato e aí os tes!

            Grazas a Vidaverdi e a Plantitis Crónica non hai escusa para non alimentarnos de xeito saudable e sostible ou para non vestir o fogar de primavera con plantas comestibles e decorativas. Non teñas medo e anímate a coidar destes preciosos seres vivos, seguro que pronto o xene naturista che prende no interior e armas unha foresta na cidade.

Estela Gómez
Correctora literaria e redactora de contidos

The following two tabs change content below.

Estela Gómez

Estela naceu no 92 (o ano de Cobi) preto do mar. É filóloga e correctora literaria, cirurxiá de textos, amiga das redes sociais e ten un interese case innato pola moda e a cultura. Estela é aprendiza de todo e especialista en nada, ten incontinencia verbal crónica, e, grazas á mellor das sortes, as palabras danlle de comer.