Portamérica suma Hombres G e M-Clan ao seu cartel

M-Clan, Sexy Zebras, Marina Reche, Hey Kid e Alejo súmanse ao cartel ao cartel do Portaméricaxunto a Rigoberta Bandini, Sanguijuelas del Guadiana, Nortec: Bostich + Fussible (Full Band), Grande Amore, Eladio e Os Seres Queridos e The Rapants. O festival celébrase do 9 ao 11 de xullo en Caldas de Reis e os abonos xa están á venda en portamerica.es.

Hombres G | Jaime Massieu

PortAmérica continúa a desvelar sorpresas para a súa décimo cuarta edición. Tras un primeiro avance con artistas galegos (Grande Amore, Eladio e Os Seres Queridos e The Rapants) e unha segunda quenda con Rigoberta Bandini, Sanguijuelas del Guadiana e Nortec: Bostich + Fussible con banda ao completo, o festival anuncia hoxe unha terceira vaga de artistas.

A gran novidade é a incorporación de Hombres G, icono do pop-rock español con máis de catro décadas de traxectoria, xiras internacionais e un repertorio convertido en patrimonio emocional de varias xeracións. O grupo chegará a PortAmérica inmerso na xira Los mejores años de nuestra vida, que reivindica o seu presente e acompaña a estrea do documental homónimo que percorre a súa historia e a súa conexión co público. O seu concerto na Azucreira de Portas será o único que ofrecerán na provincia de Pontevedra en 2026.

Xunto a eles incorpórase M-Clan, unha das bandas máis sólidas e queridas do rock estatal, coñecida pola súa capacidade para unir tradición e modernidade nun directo infalible. Tamén se suman Sexy Zebras, referencia da escena rock madrileña cun dos shows máis explosivos do panorama estatal; Marina Reche, artista revelación cuxo magnetismo vocal e sensibilidade emocional a sitúan entre as novas voces máis celebradas do pop actual; Hey Kid, un proxecto que destaca polo seu impacto entre o público novo e pola mestura de enerxía, frescura e melodías pegadizas; e Alejo, un dos talentos emerxentes máis interesantes do pop urbano do momento.

REVISTA NADAL

Do 9 ao 11 de xullo, a Azucreira de Portas (Caldas de Reis) volverá converterse nun punto de encontro interxeracional do verán galego, combinando música, gastronomía e comunidade nunha edición que promete volver bater marcas. Os abonos están xa dispoñibles na web do festival.