PortAmérica pon á venda os primeiros abonos para 2027

O festival da Azucreira de Portas pon á venda un cupo limitado de abonos para a XV edición antes de publicar o cartel. Teñen un prezo de 70 euros e inclúes crédito para consumicións.

O festival PortAmérica iniciou a conta atrás da súa décimo quinta edición coa posta á venda dos primeiros abonos para a cita, que se celebrará os días 8, 9 e 10 de xullo de 2027 na Azucreira de Portas. A preventa para a comunidade do festival abrirase este 29 de xullo ás 12.00 horas, mentres que a venda xeral comezará o 30 de xullo, á mesma hora, a través da páxina web do evento.

Os chamados Abonos Creyentes sairán á venda desde 70 euros, cun número limitado de unidades, e incluirán 15 euros de saldo para consumir nas barras do recinto. Para acceder á preventa será necesario rexistrarse previamente como membro da comunidade portamericana na web do festival.

A edición de 2027 terá un carácter especial ao coincidir co XV aniversario de PortAmérica. Desde o seu nacemento en 2012, o festival pasou por tres emprazamentos: Porto do Molle, Caldas de Reis e a actual Azucreira de Portas e está consolidado como unha das citas musicais de referencia en Galicia ao combinar concertos e gastronomía. Na súa última edición PortAmérica reuniu arredor de 60.000 asistentes, segundo datos facilitados pola organización.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado atopala en moitos dos saraos vigueses.