Portamérica, Maná, Feira do libro e Kokoro esta fin de semana en Vigo (e Galicia)
Estes son os dez eventos culturais que non podes perder esta fin de semana en Vigo e Galicia. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana na cidade, entra na axenda d’A Movida.

FEIRA DO LIBRO – Do martes 1 ao luns 7 de xullo na Alameda – De balde
Ao longo de sete días, editoras, librarías e autores de toda Galicia ofrecerán presentacións, obradoiros, sinaturas e espectáculos para todas as idades nas 21 casetas instaladas. Neste artigo recompilamos seis actividades imprescindibles na feira literaria.
FESTIVAL PORTAMÉRICA – Xoves 3 a sábado 5 na Azucreira de Portas (Caldas de Reis) – Desde 38,00 €
Festival que combina música e gastronomía. No plano musical, Catriel & Paco Amoroso, Mikel Izal, Los Tigres del Norte, Love of Lesbian, Iván Ferreiro, Emilia ou Viva Suecia lideran unha programación ecléctica e internacional. A gastronomía, outro dos piares de PortAmérica, contará con chefs de prestixio como Pepe Solla, Lucía Freitas, Javier Olleros ou Jordi Roca.
FESTAS DE COIA – Do venres 4 ao mércores 9 no campo de fútbol – De balde
As festas patronais máis multitudinarias do verán vigués sofren este ano unha importante modificación co obxectivo de mellorar a seguridade do evento. Non haberá atraccións nin fogos, pero si moita música, como o Festival de DJs con artistas como Michenlo e Groove Amigos, e a esperada actuación da Orquestra Panorama.
SOLPOR MONTEFERRO – Venres 4 e sábado 5, desde as 19:00 h, no miradoiro de Monteferro (Nigrán) – De balde
Evento con concertos de balde a partir das 19:00 h que se celebra “mellor escenario natural do mundo”. Algunhas das bandas que actúan son Los Wavy Gravies, Mambas negras e Zalomon Grass.

VigoSaxForum 2025 é un ciclo musical arredor do saxofón con numerosos concertos de balde, impulsado pola Escola e Conservatorio de Música Profesional de Música de Valadares. Esta fin de semana teñen programado tres concertos.
CURIOSIDADES SOLITA: IGMIG – Venres 4 ás 21:00h en Villa Solita – De balde
Ciclo de concertos nos que a música comparte protagonismo co lugar, un antigo pazo indiano rehabilitado. O ciclo comeza esta fin de semana coa actuación de IGMIG, trío musical vigués de postpunk e improvisación coñecidos polo seu eclecticismo e capacidade de improvisación.

FEIRA XAPONESA KOKORO – Sábado 5 e domingo 6, de 10:00 a 21:00 h, no IFEVI – Desde 12,00 €
Evento único, dedicado á cultura xaponesa que conta con multitude de actividades como exhibicións de arte tradicional como o Sumi-e (pintura xaponesa), exposición de bonsáis, arte samurái, torneos de videoxogos, concurso de cosplay, actividades de artes marciais, anime, actuacións e unha amplísima variedade de obradoiros.
Terceira edición do ciclo de concertos de artistas internacionais que ten lugar en diferentes espazos de Galicia e que vive o seu momento grande esta fin de semana. Comeza o sábado, coa actuación do grupo mexicano Maná, e remata o domingo, cunha xornada dedicada á música electrónica e encabezada polo DJ francés David Guetta.

ESPECTÁCULO ‘TODOS, A LA VEZ Y AL MISMO TIEMPO’ – Sábado ás 21:00 h en Magia en la Manga – 10,00 €
Espectáculo de maxia do ilusionista vigués Óscar Fernández que convida a parar por un momento e deixarse levar polo imposible. Recomendado para maiores de 9 anos.
PAZO DE CASTRELOS: CAAMAÑO E AMEIXEIRAS – Domingo ás 12:30 h en Castrelos – De balde
Ciclo de concertos dentro da celebración do centenario da cesión do Pazo de Castrelos á cidade de Vigo. Durante o mes de xullo catro propostas que ofrecen un amplo abano de estilos musicais. O 6 de xullo abrirán o ciclo Caamaño e Ameixeiras, con nova música tradicional galega.