Pontevedra prepárase para dez días de Festas da Peregrina

Os pontevedreses volven dedicar máis dunha semana a festexar a celebración máis destacada da cidade. En honra da Virxe da Peregrina, a súa patroa, a cidade do Lérez enche as súas rúas de música con pasarrúas, espectáculos, concertos e verbenas, ademais dos tradicionais actos litúrxicos. Do 8 ao 18 de agosto, Pontevedra acolle unha programación variada que inclúe concertos de artistas recoñecidos como Rosario Flores, Khea, Marina Reche ou The Rapants.

The Rapants no EmigraSon do 2024 | P. Vázquez

O Recinto Feiral ábrese o venres 8 de agosto. Ao día seguinte, inaugúrase, desde a Casa do Concello, un programa que acolle polas mañás as ceremonias relixiosas, pasarrúas e actuacións musicais por todos os recunchos da cidade; e, polas tardes e noites, os concertos e verbenas. Entre os eventos organizados, destacan o Festival de Corais, o Festival Folclórico, a Batalla das Flores, o espectáculo de fogos artificiais ou un espectáculo circense da man de Volé Temps. Dirixida a todas as idades, a programación acolle espectáculos infantís para a diversión familiar.

ESCENICAS

Os artistas que ofrecen concertos este ano durante as festas patronais da capital de procincia, son: Lendakaris Muertos; Marina Reche; Los Niños de Jesús, a banda de Jordi Évole; Khea; Rosario Flores; Pioco ‘s band; Ortiga; The Rapants; De Ninghures; Paloma San Basilio e outras agrupacións musicais veciñais. As actuacións ubicadas na Praza da Ferraría comezan ás 21:00 h, mentres que os de Praza España comezan ás 22:30 h.

Con todo, estes dez días das Festas da Peregrina non son o único momento no que o verán pontevedrés se enche de música de calidade. Veñen precedidos polo XXXI Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra, celebrado do 4 ao 8 de agosto. Un evento ubicado na Praza da Ferraría, onde artistas consolidados e emerxentes, galegos e internacionais, convertendo o corazón da cidade nun punto de encontro para os amantes da boa música.

PROGAMACIÓN COMPLETA DAS FESTAS DA PEREGRINA

Venres 8 de agosto

  • 18:00 h: Apertura do Recinto Feiral.

Sábado 9 de agosto

  • 12:00 h: Lectura do pregón desde o balcón da Casa do Concello.
  • 13:00 h: A cidade énchese de música co pasarrúas a cargo de diversas agrupacións folclóricas.
  • 13:15 h: Traslado da carroza procesional para a ofrenda floral, que realizará o seu percorrido desde a praza de España ata o santuario da Virxe da Peregrina.
  • 13:30 h: Pasarrúas a cargo da charanga OT.
  • 13:45 h: Actuacións nas prazas do centro das agrupacións folclóricas.
  • 19:00 h: Actuación nas prazas da cidade do grupo Rías Baixas.
  • 21:00 h: Festival Folclórico. Será na praza da Ferraría, coa participación de distintas agrupacións.
  • 22:30 h: Concerto de Lendakaris Muertos na praza de España.
  • 22:45 h: Verbena na Gran Vía de Monteros Ríos coa orquestra grupo Cabaret.
  • 23:59 h: Fogos artificiais entre as pontes de O Burgo e de Santiago.

domingo 10 de agosto

  • 12:00 h: Misa na Virxe da Peregrina. Pasarrúas a cargo da charanga OT.
  • 12:30 h: Actuación do grupo Os de Algures.
  • 13:00 h: Pasarrúas da man de Fervellos do Pío por Monte Porreiro. Actuación na rúa do grupo Pola Vila.
  • 18:00 h: Pasarrúas da man da charanga OT.
  • 19:00 h: Actuación polas prazas da cidade do grupo Vieira do Río.
  • 21:00 h: Procesión da Peregrina e danza gremial de cintas na Praza da Peregrina. A continuación, comeza o Festival de Corais.
  • 22:30 h: Concerto de Marina Reche na Praza de España.
  • 22:45 h: Verbena coa orquestra La Travesía.

Luns 11 de agosto

  • 11:45 h: Actuación do grupo Os de Algures polas prazas da cidade.
  • 12:30 h: A charanga OT anima as rúas da Boa Vila.
  • 13:00 h: Actuación do grupo Pola Vila polos barrios de San Antoniño e Santa Clara.
  • 19:00 h: Actuación do grupo Rías Baixas. Pasarrúas da charanga OT.
  • 19:30 h: Presentación do espectáculo A Bruxa Maruxa de María Carrera.
  • 21:00 h: Concerto de Los Niños de Jesús, a banda de Jordi Évole.
  • 22:30 h: Concerto de Khea na praza de España.
  • 22:45 h: Verbena da orquestra Alabama.

Martes 12 de agosto

  • A partir das 11:30 h: Diversos pasarrúas e actuacións musicais a cargo de distintas charangas.
  • 21:00 h: Espectáculo de circo da compañía Volé Temps.
  • 22:30 h: Concerto de Rosario Flores.
  • 22:45 h: Verbena de La Nave.

Mércores 13 de agosto

  • 19:00 h: Batalla das Flores.
  • 21:00 h: Festa infantil O Circo das Estrelas a cargo de La Fiesta Escénica.
  • 22:30 h: Concerto de Pioco ‘s band.
  • 22:45 h: Verbena da orquestra Dinastía.

Xoves 14 de agosto

BARAFUNDA
  • A partir das 11:30 h: Diversos pasarrúas e actuacións musicais nas rúas e nas prazas.
  • 21:00 h: Concerto de Ortiga.
  • 22:30 h :Concerto de The Rapants.
  • 22:45 h: Verbena de Xanadú.

Venres 12 de agosto

  • 10:00 h: Partida simultánea de xadrez.
  • 12:30 h: Misa solemne de Santa María, seguida dunha procesión.
  • 17:00 h: xogos populares.
  • 19:00 h: concerto da Banda de Música de Salcedo.
  • 21:00 h: Concerto de De Ninghures.
  • 22:30 h: Concerto de Paloma San Basilio.
  • 22:45 h: Verbena da man de Las Vegas.

Sábado 16 de agosto

  • 12:30 h: Pasarrúas da charagna Voa Vila.
  • 19:30 h: Teatro infantil da compañía Caramuxo Teatro.
  • 20:00 h: Misa solemne na basílica de Santa María e a procesión de San Roque.
  • 21:00 h: Concerto conxunto da Orquesta Sinfónica de Pontevedra e o grupo tradicional Chavellos.
  • 22:30 h: Concerto G5 (Kiko Veneno, Muchachito, Tomasito, El Canijo de Jeréz y Diego Ratón).
  • 22:45 h: Verbena de La Fábula.

Domingo 17 de agosto

  • 11:30 h: Pasarrúas de Rías Baixas.
  • Pola tarde: distintos pasarrúas.
  • 21:00 h: Concerto de Serafín Zubiri e a Banda de Música de Pontevedra.
  • 22:45 h: Verbena de La Noria.
  • 00:00 h: Espectáculo de fogos artificiais entre a Ponte do Burgo e a Ponte de Santiago.

Luns 18 de agosto

  • 18:00 h: Día adicado á rapazada nas atraccións de feira.
  • 21:00 h: Concerto A.C. Traspés.
  • 22:30 h: Concerto LOS 40 Sessions.