Plans e agasallos de comercio local para celebrar o Día da Nai
Percorremos Vigo na procura dos mellores agasallos o ou experiencias para para celebrar o Día da Nai. Para acertar seguro, apostamos polo comercio local onde atopamos propostas para todos os gustos, desde os doces máis tentadores ata pezas únicas de xoiería artesanal.

Rúa da Ronda de Don Bosco, 17
No Bar Primavera propoñen facer feliz á nosa nai convidándoa a comer e preparan este bizcocho “espido” como sobremesa especial para o domingo. Elaborado con capas de bizcocho xenovés, nata e froita fresca.

Rúa Elduayen, 28
Propoñen facernos cunha xoia da marca viguesa Pipa Pirita, artesanía de Galicia con estética clásica e minimalista.

Rúa Carral, 15
Nesta tenda de roupa e complementos podes atopar dous modelos de bolso da marca Anuscas Family, elaborados con tecidos sostibles creados en España a partir de fibras recicladas e reciclables de algodón e poliéster e sen procesos químicos.

Eduardo Iglesias, 11
O contedor creativo do centro de Vigo ofrece todo tipo de produtos de artesanía, ilustración, e roupa de marcas galegas e locais.

Av. do Rebullón, 23
Para un plan con máis ritmo, o concerto de Luís pastor, acompañado por Uxía e Lourdes Guerra, pode ser un acerto. Pastor é cantautor, poeta e compositor, nome esencial da canción protesta antifascista dos anos setenta. O cacereño suma máis de vinte discos publicados, cunha obra sempre caracterizada pola poética e o compromiso social. Foi galardoado Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes

Rúa Carral, 7
Unha tenda chea de ideas de regalo artesanais na que destacan estes colgantes dourados personalizados. Son pezas feitas a man por Lapolaca, únicas e cun deseño moderno e sinxelo, cun corazón de cerámica plano de color blanco e pintura dorada coa palabra «mamá» ou «miña nai» .

Rosalía de Castro, 19, entrechán
A deseñadora especialista en reciclaxe textil propón un vale regalo de clases de costura no seu taller Supralab. Un agasallo práctico e orixinal para que as nais aprendan ou perfeccionen as súas habilidades de costura da man dunha profesional creativa.

Rúa de Eduardo Iglesias, 12
Un clásico que sempre funciona é un libro e nesta libraría poden axudarnos a atopar o que máis se axuste aos intereses das nosas nais. Tamén contan cunha sección de papalería e outra de filatelia.

Rúa de Eduardo Iglesias, 12
Desde a Editorial Elvira recomendan tres lecturas do seu catálogo para facernos máis doada a escolla: As Trobadoras Silenciadas, de Clara Pino; En aquellas calles dibujé mis pasos, de Carmen Pereiro-Oliveira; e Sereas Afónicas, de Luisa Abad.

Camelias, 22
Se a túa nai busca algo creativo e fóra do común, un vale agasallo para unha tatuaxe pode ser unha idea moi orixinal. O estudo de tatuaxes creou unha coidada caixiña para a ocasión que inclúe o vale, doces, un chisqueiro, adhesivos e un bolígrafo. Se o valor do vale supera os cen euros, engaden unha crema protectora.

Av. das Camelias, 20
Esta tenda de roupa urbana e skate é o lugar indicado para atopar roupa e complementos con ese aire moderno que moitas nais buscan: camisas, mochilas, zapatillas, gorras…todo cun empaquetado especial para regalo. Se a túa nai practica surf ou skate , este será o seu paraíso, e se non, na sección de roupa de marcas internacionais atoparás prendas como estas da marca sueca Dedicated, feitas con fibras orgánicas e recicladas.


