Piratas de Nabia celebra o Día da Nai con viaxes de balde polas Rías Baixas
A naviera promove unha iniciativa especial para o vindeiro domingo 3 de maio na que todas as nais poderán navegar gratis ás Illas Cíes, Ons, San Simón ou facendo a Ruta do Mexillón, nunha campaña que busca poñer en valor o tempo compartido en familia e a contorna natural das Rías Baixas.

A naviera Piratas de Nabia celebra o vindeiro domingo 3 de maio o Día da Nai cunha promoción especial deseñada para gozar en familia das rutas marítimas máis emblemáticas das Rías Baixas. Baixo esta iniciativa, todas as nais poderán viaxar de balde nas saídas programadas cara ás Illas Cíes, a Illa de Ons, a Illa de San Simón ou na Ruta do Mexillón. Esta campaña busca poñer en valor o tempo compartido e a experiencia no mar, destacando un concepto de familia amplo e inclusivo que atende á diversidade das realidades actuais.
Para acollerse a esta promoción, as unidades familiares deben estar formadas por polo menos dous adultos e un menor, sendo imprescindible que a nai forme parte do grupo. O obxectivo da naviera é facilitar a participación de todo tipo de estruturas, como familias monoparentais ou parellas de nais, permitindo que todos poidan descubrir o patrimonio natural do Parque Nacional das Illas Atlánticas ou gozar de experiencias culturais e gastronómicas como a visita guiada a San Simón ou a degustación de mexillóns a bordo.
O procedemento para obter o billete gratuíto require que primeiro se adquiran os pasaxes para o resto de acompañantes a través da web oficial da empresa ou por teléfono (986 32 00 48). Unha vez realizada a compra, debe enviarse un correo electrónico ao servizo de atención ao cliente (atencionalcliente@piratasdenabia.com) indicando o nome completo da nai, o seu DNI e a referencia da reserva. Tras verificar os datos, a compañía remitirá o billete sen custo por correo electrónico, permitindo así celebrar esta data nun contorno único e de forma sostible.
practicas
Últimos posts de practicas (ver todos)
- O festival ‘Cinema a Pedal’ de Nigrán entra na recta final de recepción de obras con forte proxección internacional - 5 Maio, 2026
- O Festival de Cans coroa a Víctor Coyote como referente multidisciplinar da súa XXIII edición - 21 Abril, 2026
- Piratas de Nabia celebra o Día da Nai con viaxes de balde polas Rías Baixas - 15 Abril, 2026
- A segunda esdición do Festival Internacional de Series Ría de Vigo celebrarase en xuño - 27 Febreiro, 2026
- Skeirrum: a cidade en xogo - 18 Decembro, 2025


