Pintura e Viño: a maridaxe máis creativa de Viña Costeira

A bodega Viña Costeira, situada en Valdepereira, Ribadavia, organiza os días 8 e 29 de novembro a actividade Pintura e Viño que combina unha visita guiada pola bodega, cata comentada e un obradoiro para decorar copas de viño.

A adega Viña Costeira incorpora unha nova proposta ao seu programa de enoturismo: Pintura e Viño, unha actividade que combina unha visita guiada pola bodega con un obradoiro creativo no que cada participante pode pintar a súa propia copa de viño. A iniciativa celebrarase os días 8 e 29 de novembro e está dirixida a todas aquelas persoas que desexen participar nunha experiencia diferente, sen necesidade de ter coñecementos previos de pintura.

REVISTA NOVEMBRO

A experiencia comeza cun percorrido guiado pola bodega, na que os asistentes participarán nunha cata comentada de dous dos viños máis coñecidos da casa (Costeira Treixadura e o espumoso Pazo Burbujas) e desfrutarán dun picoteo de queixos galegos e picos. A continuación, desenvolverase o taller de pintura, no que cada participante poderá decorar a súa copa seguindo o seu propio estilo e coñecerá a vinculación da arte co mundo do viño.

A actividade inclúe todo o material necesario para dar renda solta a imaxinación e pretende ofrecer un espazo de relaxación e encontro arredor da cultura do viño e da creación artística. O prezo é de 35,00 euros e as prazas son limitadas. As inscricións poden realizarse no teléfono 648 237 385. Se non che convence a pintura, a bodega ofrece tamén catas a cegas lúdicas, ou sesións de yoga e viño.