VEGANA

Paseos gratis no Bus Turístico polo Día Europeo sen Coches

Vitrasa, en colaboración co Concello de Vigo, súmase un ano máis á Semana Europea da Mobilidade, ofrecendo paseos gratuítos en autobús para impulsar o seu uso, xa que se trata do segundo medio de transporte terrestre menos contaminante despois do tren.

Vitrasa quere agradecer aos usuarios do trasporte público a súa confianza convidándoos a coñecer Vigo desde unha óptica distinta a bordo do Bus Turístico de dous pisos. Faino coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade, impulsada desde a Comisión Europea e que este ano leva por lema “Espazo Público Compartido”. Ó obxectivo é fomentar e pór en valor o uso do transporte público entre os vigueses e viguesas, por ser un dos medios máis cómodos, sustentables e respectuosos co medio ambiente para desprazarse pola cidade.

O domingo 22 de setembro, Día Europeo sen Coches, o Bus Turístico será de balde para os usuarios da tarxeta PassVigo, previa reserva online do billete na plataforma Woutick! co seu número de tarxeta. Haberá catro viaxes dispoñibles: ás 10:00, 12:00, 16:30 e 18:30 horas. Con esta iniciativa, búscase recoñecer aos usuarios habituais do transporte público a súa confianza, dándolle a oportunidade de que descubran Vigo dende unha óptica distinta a bordo do
Bus Turístico de dous pisos.

Segundo se desprende dun informe da Confederación Española de Transportes en Autobús (Confebus), o autobús é un dos modos de transporte menos contaminante. En termos de CO 2 , un pasaxeiro de automóbil e de avión contaminan 2,4 veces máis que un pasaxeiro de autobús por viaxeiro e quilómetro percorrido. Así, o autobús é, despois do tren, o modo de transporte terrestre con menores emisións de CO 2 . Un aumento do uso do autobús podería reducir drasticamente os problemas de contaminación e conxestión nas cidades. Cada un destes vehículos de transporte colectivo equivale a unha media de 20 turismos, polo que o seu uso evitaría a emisión das 6,7 millóns de toneladas de CO 2 que xerarían os mesmos usuarios desprazándose no seu propio vehículo.

REVISTA OUTUBRO

Este aforro de combustible e emisións increméntase co uso de vehículos eléctrico, un modelo que tamén aforra contaminación acústica ás cidades. Só en 2023 a compañía adquiriu 22 buses híbridos con motor eléctrico, que permiten aforrar unha media do 30% no consumo de combustible en comparación con autobús diésel; e 7 autobuses mild-hybrid ou de hibridación lixeira que optimiza o rendemento e o consumo.