Pantomima Full, Facu Díaz, Touriñán… os espectáculos de comedia que visitan Vigo neste 2026
Ao mal tempo, boa cara. Recompilamos case unha vintena de propostas de comedia para pasar un bo anaco con algúns dos cómicos máis destacados do panorama estatal e galego: Facu Díaz, Pantomima Full, Touriñán e Perdomo, Hovik…

6/2 LOS MONÓLOGOS DE LA TREUS + SERGIO ENCINAS | Island Club
Cada mes, Arantxa Treus arrinca a noite co seu humor afiado e sen filtros, e cada sesión vén acompañada dun/unha cómico/a convidado/a listo/a para facerte chorar… pero de risa. Estará acompañada polo vallisoletano Sergio Encina.
6/2 PABLO MEIXE | Teatro García Barbón
Pablo Meixe volve para seguir probando textos, improvisar co público. Se ris cos seus vídeos, prepárate para vivir a experiencia en vivo e en directo.

7/2 PABLO IBARBURU | Teatro García Barbón
O colaborador de La Resistencia e La Revuelta sorpréndenos agora coa estrea do seu segundo espectáculo: Chico Glamour. Este show permitirános afondar un pouco máis na súa absurda mente e descubrir algunhas cousas que non sabiamos del.
12/2 VIGRO AVIERTO #31 | Supersonic
Cada mes, un espectáculo completamente distinto, con novos monólogos, sketches e cancións orixinais. Un show aberto onde 8-10 participantes terán 10 minutos para probar os seus monólogos cómicos.
20/2 MISIÓN: IMPRO-SIBLE | Teatro García Barbón
Ao longo do espectáculo deben superar probas guiadas por unha voz misteriosa, sen moito éxito, porque entre Aguilera e Meni non xuntan nin unha neurona. A historia desenvólvese con monólogos, parodias e moita improvisación con interacción directa co público
1/3 ABIÁN DÍAZ | Auditorio Teatro García Barbón
Como el mesmo di, no seu Show Patético tentará facer “todo o posible para que te rías de tal maneira que teñas que verte coa necesidade de abandonar en metade do espectáculo a función se non queres desfalecer pola falta de aire”.
6/3 PALO CAPILLA | Teatro Salesianos
Ahora la chunga soy yo é un show cargado de humor sen filtros, anécdotas moi reais e moita ironía para rirse de todo… empezando por unha mesma.
13/3 LOS MONÓLOGOS DE LA TREUS + JOSEBA PÉREZ | Island Club
Cada mes, Arantxa Treus arrinca a noite co seu humor afiado e sen filtros, e cada sesión vén acompañada dun/unha cómico/a convidado/a listo/a para facerte chorar… pero de risa. Estará acompañada por Joseba Pérez.
21/3 FACU DÍAZ | Teatro García Barbón
O novo mundo esfaréase ante os nosos ollos e ninguén quere facerse cargo das súas accións. Mentres tanto, Facu Díaz decidiu volver ao monólogo cómico para entreter á humanidade mentres todo arde ao seu redor co espectáculo ‘Esto no es culpa de nadie’.

10/4 LOS MONÓLOGOS DE LA TREUS + JAZMÍN ABUÍN | Island Club
Cada mes, Arantxa Treus arrinca a noite co seu humor afiado e sen filtros, e cada sesión vén acompañada dun/unha cómico/a convidado/a listo/a para facerte chorar… pero de risa. Estará acompañada pola tamén viguesa Jazmín Abuín.
10 -11/4 PANTOMIMA FULL | Teatro García Barbón
Pantomima Full, hecho a mano é o terceiro espectáculo de Pantomima Full. Tan malo non será se a xente xa se zampou o primeiro e logo o segundo. Ofrece máis do mesmo, isto é así, atoparon unha fórmula que funciona e van espremela.
17/4 LUCHO MELLERA | Teatro García Barbón
O cómico arxentino chega a Vigo co espectáculo ‘El unipersonal de Lucho Mellera’
18/4 HOVIK | Teatro García Barbón
Monólogo ‘Grito’, do actor e cómico Hovik Keuchkerian.

18/4 PATRICIA ESPEJO | Auditorio Teatro García Barbón
Espectáculo ‘Comedia de la buena’, cheo de humor espontáneo e desenfadado, centrado na risa continua e na conexión co público.
1/5 ISABEL REY | Teatro García Barbón
Diva de Barrio é un espectáculo de humor no que Isabel combina nostalxia, experiencias persoais e reflexión sobre as redes sociais, cun ton irreverente e un peche musical.
2/5 DAVID CEPO | Teatro García Barbón
O clébre cómico nas redes sociais presenta ‘No cruces los brazos’, un espectáculo de humor baseado na proximidade co público e na improvisación.
9/5 TOURIÑÁN E PERDOMO | Teatro García Barbón
Perdomo e Touriñán regresan aos escenarios co espectáculo ‘Amoriños, un espectáculo de citas’, centrado nas relacións de parella, as citas e os encontros imposibles, cun enfoque galego e desenfadado.

22/5 LOS MONÓLOGOS DE LA TREUS + PEPO SUEVOS | Island Club
Cada mes, Arantxa Treus arrinca a noite co seu humor afiado e sen filtros, e cada sesión vén acompañada dun/unha cómico/a convidado/a listo/a para facerte chorar… pero de risa. Estará acompañada por Pepo Suevos.
23/5 MILLÁN SALCEDO | Teatro Salesianos
Preguntamelón é un espectáculo de humor e un pódcast no que Millán Salcedo combina anécdotas persoais, reflexións de actualidade e confesións en directo, acompañado dun presentador que vertebra a función.
24/5 GER | Teatro García Barbón
Ger presenta ‘Si la vida es un despropósito nosotras también’ un espectáculo cun estilo propio marcado polo mamarrachismo e o compromiso coa diversidade LGTBIQ+.
5-6/6 MIGUEL LAGO | Teatro García Barbón
Material renovado en cada tempada, baseado na improvisación, a liberdade creativa e a conexión directa co público.
12/6 LOS MONÓLOGOS DE LA TREUS + ANA MORGADE | Island Club
Cada mes, Arantxa Treus arrinca a noite co seu humor afiado e sen filtros, e cada sesión vén acompañada dun/unha cómico/a convidado/a listo/a para facerte chorar… pero de risa. Estará acompañada por Ana Morgade.



