CASAACUNHA

Pablo Sánchez (DBarrio): ‘DBarrio coida de todos os eslabóns da cadea’

Hai cinco anos que Pablo Sánchez deixou o seu posto como enxeñeiro na automoción para crear unha plataforma que apoiase a dixitalización do pequeno comercio vigués e se interpoñese así na súa paulatina desaparición do centro das cidades. A proposta é sinxela, pero coidada: un servicio de reparto no que comerciantes e repartidores establecen as súas normas, garantindo a dignidade do seu traballo. Ademáis, destinan un 5% dos beneficios ás asociasións sen anímo de lucro que os comerciantes decidan. Malia todas estas bondades, non foi ata a pandemia que DBarrio conseguiu o merecido pulo que precisaba esta iniciativa, cumpríndose a máxima de facer da crise unha oportunidade para darlle unha necesaria volta ao funcionamento das tendas locais.

Por que decidiches que Vigo precisaba unha plataforma como DBarrio?

A motivación principal é poñer remedio á desaparición do pequeno comercio. Eu paso acotío polas rúas Barcelona e Zamora nas que, a pesar de estar a dous pasos de Praza España e Gran Vía, a maioría dos baixos teñen o cartel de ‘se vende’. Púxenme a investigar nos motivos polos que pechan os comercios e resolvín que gran parte era pola falta de presenza online, tanto na publicidade como na facilidade de compra.

Un dos reclamos de DBarrio é o trato digno aos repartidores. En que vos diferenciades doutras plataformas?

A diferencia principal é que non son falsos autónomos. Eles deciden cando queren traballar, en que códigos postais e, o máis importante, a súa tarifa. Non impoñemos unha contía irrisoria para os riders, senón que cada un fixa a súa. Cada vez usamos máis o servizo dos repartidores e sen embargo é unha profesión moi maltratada. Nós queremos revertir esa tendencia, valorando os seus servizos e poñéndolles cara.

A idea triunfou en Vigo, Galicia e España

Si, nacimos en Vigo, pero nos últimos meses conseguimos presenza en Santiago de Compostela, Ourense, A Coruña, O Val Miñor e Salceda. Nalgúns casos está mediando o propio Concello, que se fai cargo da cuota de inscrición dos comercios que queiran adherirse. Está sendo un éxito rotundo. Onte mesmo en Nigrán, o Concello ofertou 50 inscricións e as solicitudes duplicaron o cupo.

É ese o caso de Vigo? Contades con axuda do Concello?

Non, no caso de Vigo solicitamos nós unha reunión con Comercio, simplemente para dicirlles ‘ei, que somos de Vigo e temos unha idea exitosa’. Puxémoslles algunha proposta sobre a mesa que contamos con que saia adiante.

Polo que contas, a expansión de DBarrio ocorreu nos últimos meses, coincidindo coa crise sanitaria

Sí, axiña comezamos a saír nas portadas dos xornais, a televisión estatal, a conceder entrevistas na radio… Foi o momeno oportuno, pois as tendas decatáronse de que precisaban pasarse ao online para subsistir e nós xa estábamos alí. É gracioso pensar como o ano pasado regalábamos as inscricións e moitos nin as querían e agora recibimos chamadas diarias de asociaóns de comerciantes de Galicia, Madrid, País Vasco, Extremadura ou Cantabria solicitando os nosos servizos. A raíz do Covid multiplicamos por dez o número de compras na plataforma só en Vigo

Poderemos entón mercar desde Vigo en comercios de toda España?

Non. A filosofía sigue intacta: comprar nos comercios da túa vila. Non ofrecemos compras noutras cidades nin a grandes empresas.

Cales son os motivos deste grande éxito?

Banner A Movidiña

Por unha parte a oportunidade innegable que nos brindou á pandemia e, por outro, un servicio de moita calidade que coida de todos os eslabóns da cadea, empezando polos pequenos comerciantes, unha tendencia á alza nestes días e que é a razón da nosa existencia. Ademáis, asesoramos aos comercios en materia de márketing, asumindo nós unha parte da súa exposición en redes sociais. Pero sobre todo, eu creo que é a honestidade e as ganas de que todos saiamos beneficiados.

Cres que poderedes manter o crecemento unha vez retomada a normalidade?

Sen dúbida. O virtual é o futuro e ter unha tenda online a tan bo prezo como a ofrecemos nós continuará sendo unha vantaxe.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.