VIALIA
bannerPicnicSesions

OV430 Symphonic Aysedeniz, música clásica e pop-rock nun só concerto

Este venres 14 de decembro poderemos asistir a unha mestura novidosa de música clásica e pop rock da man da pianista turca Aysedeniz Gökçin e da Orquestra Vigo 430, na que escoitar desde Mozart hasta Coldplay ou Queen.

A pianista Ayşedeniz Gökçin será a protagonista do recital

Algunha vez pensaches en revivir as grandes cancións dos pop-rock internacional a piano e orquestra? O próximo venres 14 de decembro ás 20:30 no teatro García Barbón terás a oportunidade de facelo grazas á pianista turca Aysedeniz Gökçin e á Orquestra Vigo 430. O concerto leva o nome de Symphonic Aysedeniz: A rock journey for piano and orchestra e as entradas están dispoñibles desde 6,40€.

REVISTA ABRIL

Aysedeniz Gökçin é unha famosa pinaista clásica nada en Turquía. É recoñecida por ter varios traballos nos que adapta ao seu instrumentos temas de grandes bandas de rock, como poden ser Pink Floyd (Pink Floyd Lisztified) ou Nirvana (The Nirvana Project). 

Aysedeniz estará acompañada pola Orquestra Vigo 430, que nas súas verbas “trátase dunha orquestra nova e talentosa”. Este será o terceiro concerto da orquestra local nesta tempada 2018/19, no que demostrará o seu carácter flexible e poliédrico. Tras comezar con Mozart, o recital irá derivando en grupos como Pink Floyd, Muse, Coldplay ou Queen, introducindo no recital algúns sintetizadores, algo pouco habitual neste tipo de xéneros.

Este proxecto, nado fai un ano en Londres nunha charla entre Carlos Rodríguez, director da Orquestra, e Aysedeniz, busca atraer a un público diferente do que acode normalmente a este tipo de concertos. Unha forma distinta de achegar a música clásica á xente nova ou aquelas persoas menos afeitas á música clásica.

(GMT+01:00) Teatro Afundación