Os mellores restaurantes de peixe e marisco en Vigo

Nestes oito estaurantes vigueses o mar chega ao prato. Vigo ofrece unha ampla variedade de restaurantes onde os peixes e mariscos teñen un gran protagonismo, desde marisquerías históricas a taperías creativas.

ESCENICAS

ALBATROS – Estación Marítima

En Albatros tiñan a dificil misión de convencer aos vigueses de ir comer a un lugar tan “para guiris” como a estación marítima. As vistas desde a terraza son espectaculares e a cociña, creativa e con bo produto, está á altura. Contan cunha carta de arroces e fideuás, na que destaca o de gamba alistada e alcachofas con veo de panceta, e tamén preparan peixe sabo, robaliza e bivalvos á grella, ademais de cocochas ao pilpil. Entrantes como o tiradito de cabala e os mexillóns picantes tamén pagan a pena.

BAR PUERTO – República Arxentina, 15

O máis clásico desta lista e un dos máis axustados de prezo. Existiu na rúa Areal durante tres décadas con estética de taberna e alimentando aos traballadores do porto. Desde hai dez anos mudouse á veciña República Arxentina cunha estética algo máis elegante, pero a carta de sempre. Aquí reina a frescura do produto e a carta, aínda que suficientemente extensa, depende da subasta na lonxa. Só abre en horario de mediodía.

BITADORNA – Ecuador, 56

Co respaldo da Guía Repsol e 15 anos de traxectoria, esta marisquería está considerada unha das mellores de España. A súa proposta destaca por servir únicamente peixes e mariscos de tempada. Contan con viveiros propios na Guarda, onde crían as súas propias langostas vermellas, un manxar no que están especializados e serven durante os meses de verán. Outro dos seus pratos estrela son as nécoras recheas.

O REI PESCADOR – Praza de Compostela, 29

Despois de trinta anos servindo arroces e mariscos na Alameda, son poucos os vigueses que non o coñecen. A carta ten moita variedade de pratos tradicionais: ariedade de mariscos cocidos e á prancha, como cigalas, volandeiras, nécoras ou camaróns; peixes, carnes e os seus coñecidos arroces, tipo paella. De mariscos, de peixe sapo, de polbo ou e zamburiñas e cocochas. A terraza na Alameda é un plus.

As vosas recomendacións. Pedimos a través de Instagram que nos remcomendasedes eses restaurantes aos que levar ás visitas a degustar produto galego. Estes son os vosos imprescindibles:

BAR RESTAURANTE ROCÍO – Rúa Rocío, 54

O reclamo principal deste local son os peixes e mariscos da ría con escenificación sinxela: cocidos, á prancha e en caldeirada, acompañados de patacas e ensalada. Tamén preparan empanadas caseiras de xoubas e bacallau. Cando o produto e bo (que é o que interesa nesta lista) non se precisa de máis. Os asiduos contan que deixarse aconsellar polo dono é unha boa idea e que non hai que deixar de probar o arroz caldoso, o coruxo e as zamburiñas.

DE TAPA EN CEPA – Rúa do Ecuador, 18

Unha tapería gourmet moi establecida na cidade, que ofrece a posibilidade de tomar unha copa de viño e unhas tapas xunto á barra ou sentar a comer no salón superior con máis tranquilidade. Sobresaen epomo como a ostra en caldo de citronella, o escabeche de mexillóns, o salpicón de peixe sapo e a “paella” de chocos. A recomendación chegou a Instagram desde Galerías Fetén, xunto a eloxios ás ameixas en tixola.

BARAFUNDA

SOPAPO TAVERNA – Praza da Pedra, 9

De ambiente máis moderno que os anteriores e con terraza, pero sen desviarse do espírito da cociña galega. As caldeiradas, o escabeche, a empanada e o polbo son os pratos máis recomedades, xunto ao arroz negro. Son interesantes os fóra de carta, como o bonito de Burela que teñen habitualmente no verán, ou o arroz con cocochas. Moi recomendable tamén deixar sitio para o doce.

TABERNA ELIGIO – Travesía da Aurora, n°4 –

O bar máis antigo de Vigo, con 105 anos de historia, é un referente dos viños por copa e as racións abundantes. Navallas da ría, mexilóns, berberechos, xoubas, luriñas, chocos en tinta… e demais estrelas do santoral gastronómico galego prepáranse de forma sinxela e tradicional. Se hai que porlle unha pega, é o complicado que se fai atopar mesa en hora punta, polo que se recomenda acudir cedo.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado atopala en moitos dos saraos vigueses.