Os mellores chiringuitos de Vigo e arredores

Brisa mariña na cara, pés na area e unha bebida fresquiña na man. Se ademais soa música estamos ante un dos plans máis codiciados dos vigueses despois dun día de praia. Esta fantasía faise realidade grazas aos chiringuitos, bares que aparecen a pé de praia durante o verán para brindarnos momentos de tranquilidade e diversión mentres esperamos a que o sol desapareza no horizonte. Aquí van algúns dos chiringuitos máis populares de Vigo e a súa contorna: Redondela, Nigrán, Cangas, Moaña, Vilaboa, Bueu e Marín.

CASTELAO

    Praia de Patos, 29 (Nigrán)

    Ampla terraza situada na praia de Patos, en Nigrán. Ofrece comida, bebida e unha interesante programación musical. Cada domingo, organiza concertos e, este ano, tamén acolle algunhas actuacións do XIX Festival Nigrán Jazz. Ademais, ocasionalmente celebra actividades como un workshop de macramé.

    Camiño de Patos, 15 (Nigrán)

    Tamén na praia de Patos, con vistas espectaculares ás Illas Cíes. O ambiente é animado e a carta (tanto de comidas como de bebidas) é variada e moderna. Teñen tostas, pancakes, bowls, batidos e cócteles, entre outros.

    Non é estrictamente un chiringuito, pero si un bar a pé de praia que cobra vida no verán. Está situado fronte a praia do Fortiñón, en Saiáns, unha das poucas en Vigo onde non está mal vista a práctica do nudismo e o ambiente acostuma ser tranquilo. Ademais de desfrutar das privilexiadas vistas ás Cíes, podemos despedir o día comendo un bocadillo ou un xeado.

    Avenida de Samil

    No alto da praia do Tombo do gato (coñecida popularmente como La Fuente), rodeado de pinar, está un dos chiringuitos con máis programación musical do verán. Todas as semanas, ofrece actuacións en directo coa posta de sol tras as Cíes como pano de fondo.

    Avenida de Samil, 22

    Tamén sobre a praia dos Olmos, a poucos pasos do Museo do Mar, encontramos un dos chiringuitos máis consagrados da cidade grazas á súa amplísima terraza e bo ambiente. As colas que, ás veces, forman as persoas máis pacientes para conseguir una mesa demostran o seu éxito. Contan con cociña e carta, polo que é unha opción recomendable para cear.

    Avenida de Samil, 18

    Bar situado sobre a praia dos Olmos, con entrada desde a avenida de Samil. Na súa ampla terraza, celebran concertos e sesións de DJ. Ademais, dispoñen dunha carta con platos sinxelos, como bocadillos, tortilla ou pementos.

    Peirao de Reparacións de Bouzas

    Un novo chiringuito situado á beira de Marina Davila Sport, en Bouzas, cunha estética interesante e bo ambiente. Cada xoves, venres e sábado ás 20:30 h, organiza Los tardeos de la Marina, eventos onde a música en directo é a protagonista.

    Paseo da Praia (Cesantes)

    Unha terraza ubicada na praia de Cesantes que destaca pola música en directo. Todas as findes de semana organiza concertos ao solpor.

    Paseo da praia, 18 (Cesantes)

    Local cunha ampla programación musical na praia de Cesantes. Conta cunha bonita terraza interior e decoración alegre. Son coñecidos pola súa carta de cócteles e tamén serven comida. Ademais, por segundo ano consecutivo, acolle os concertos do ciclo Blues & Rías Summer 2025.

    Praia fluvial de Portovilán (Fornelos de Montes)

    Chiringuito situado en Fornelos de Montes, á beira do río, onde as mascotas son máis que benvidas. Destaca polo seu ambiente acolledor e a súa cociña caseira, con bocadillos e hamburguesas de bo tamaño a prezos populares. Ademais, ocasionalmente, acolle algunhas actividades como clases de ioga ou pequenos espectáculos.

    Gran terraza situada á beira da praia da Borna, en Moaña. Conta cunha carta variada e saborosa, con hamburguesas, tacos de polo, croquetas, patacas fritidas e pizza, entre outros. A maiores, ten unha pequena zona de xogos infantís.

    Amplo espazo de madeira ao lado da praia de Rodeira, con boas vistas e un ambiente tranquilo. É ideal para tomar un café, un refresco ou un mojito.

    Praia da Cunchiña (Cangas)

    Terraza situada ao carón da antiga fábrica conserveira de Massó e da única praia de Cangas na que os cans son benvidos no verán, polo que é recomendable se queremos acudir coa nosa mascota. Tamén está preto doutros areais como a praia do Medio e Areamilla. Defínense como un “espazo multicultural aberto á ría” e celebran habitualmente concertos con especial querencia polos artistas locais e a música tradicional.

    Praia de Tuia (Bueu)

    Chiringuito popular pola súa ubicación sobre a area da praia de Tuia e o seu ambiente relaxado, ideal para deixarse levar. Ademais dunha ampla variedade de cócteles, ofrece música en directo con sesións de DJs case todas as semanas. Pódese reservar mesa.

    Praia de Portomaior (Bueu)

    GOZO FEST

    Chiringuito con xardín na praia de Portomaior, ideal para desfrutar dos solpores con vistas á Illa de Ons. Ofrecen comida de calidade, empregando produtos frescos e locais. Ademais, tamén é coñecido pola música en directo. Todas as fines de semana, organiza algunha sesión de #Musiquepolabeira, o seu propio ciclo de concertos.

    Praia de Aguete (Marín)

    Un chiringuito diferente, de aspecto moi coidado (con mesas de madeira e vexetación) e ambiente inspirado nos locais balinenses. Teñen unha carta de comida pouco convencional, con varias opcións de torradas e pancakes á hora do brunch e poke ao mediodía, ademais de bocadillos en pan brioche.