VIALIA
bannerPicnicSesions

Os distintos barrios súmanse á iniciativa Ama o teu mercado

Progreso, Teis, Calvario, Travesas, Cabral, Berbés e Bouzas. Sete mercados locais súmanse á campaña internacional Love your local Market, aquí rebautizada como Ama o teu mercado. Haberá música, showcookings, visitas escolares, baile e degustación de produtos ata mediados do mes de xuño.

A Unión Mundial de Mercados Almacenistas e Comerciantes polo miúdo (WUWM nas súas siglas en inglés) organiza cada ano unha campaña internacional de apoio aos Mercados Municipais, que se celebra desde 2012 baixo o slogan Love your local Market. Esta campaña concrétase nunha acción coordinada en máis de 30 países de Europa, América e Asia, coa participación de máis de 3.000 mercados, que ao longo do mes de maio de cada ano realizan actividades de promoción dos Mercados Municipais, para poñer en valor a súa función vertebradora do comercio de alimentación nas cidades.

Na nosa cidade son sete os mercados que participan nesta iniciativa desde agora ata mediados do mes de xuño: Progreso, Teis, Calvario, Travesas, Cabral, Berbés e Bouzas, aínda que son os catro primeiros os que máis actividades acollen. Comezando polo Progreso, ademais de recibir visitas escolares, albergará dous showcookings de Segundo Chiarroni (25/05) e Mª José Albertoni (01/06). O sábado 8 de xuño o Baraka Jazz Trío amenizará a compra en sesión vermú e o 15 de xuño será Dani Barreiro e amigos, ademais da actuación da escola de danza Media Punta.

REVISTA ABRIL

O Mercado de Teis súmase tamén ás visitas escolares en maio, ademais de ofrecer unha variada oferta de degustacións gastronómicas, xa sexa de polbo (01/06), xamón recén cortado (08/06) e froitas (15/06) [AVISO: Finalmente estas dúas cambian de orde e a de froitas celebrarase o 08/06 e de xamón recén cortado 0 15/06] No eido das actuacións, o grupo de baile moderno Star Danza bailará para todas as persoas alí presentes este venres 24 de maio.

No Mercado do Calvario, ademais de recibir unha visita escolar, a prestixiosa compañía de espectáculos de Pablo Méndez realizará dúas permormances os días 24 e 31 de maio. O sábado 25 de maio será a quenda do grupo de gaitas Fiadeiro, mentres que o 1 de xuño tocaralle aos de Andarela. A todo isto sumámoslle o flashmob que terá lugar o sábado 8 de xuño.

Por último, o Mercado das Travesas, o encargado de acoller a presentación este martes 21, recibirá visitas escolares, actuacións de Media Punta (25/05) e Alberto Cunha (01/06), shoowcokings de Lady Compostela (28/05, 31/05 e 04/06), unha degustación de produtos típicos (01/06) e ata unha carreira nocturna organizada polo propio mercado o día 8 de xuño. Tamén haberá actuacións musicais, aínda por confirmar, nos Mercados de Bouzas (01/06), Cabral (08/06) e do Berbés (15/06).