Os concertos do festival Revenidas xa teñen horarios oficiais

Con máis de 30 concertos divididos en 4 xornadas, o festival Revenidas publica os horarios da súa programación. Celebrado en Vilaxoán do xoves 11 ao domingo 14 de setembro, o evento acolle as actuacións de artistas consolidados que comparten escenario con outros emerxentes. A actuación de Lendakaris Muertos ocupa o mediodía do sábado, nunha das citas máis agardadas polo público, co seu último concerto en Galicia antes do seu parón indefinido.

Dakidarría en Revenidas | Cedida

Ademais das actuacións dos artistas e as bandas, a organización do festival pubicou tamén a hora na que se celebrarán as distintas sesións de DJ’s. Nos vindeiros días, a programación completarase coas actividades paralelas e os Concertos a Bordo, que forman parte da experiencia Revenidas e cómpre ter en conta.

PROGRAMACIÓN COMPLETA

Xoves 11 de setembro

  • 17.50 h: A Duendeneta
  • 18.20 h: Hugo Guezeta (Escenario Galicia)
  • 19.20 h: Dick Move (Escenario Vibra Mahou)
  • 20.20 h: The Rapants (Escenario Galicia)
  • 21.35 h: The Baboon Show (Escenario Vibra Mahou)
  • 22.45 h: A Duendeneta
  • 23:15 h: Dubioza Kolketiv (Escenario Galicia)
  • 00.40 h: Sanguijuelas del Guadiana (Escenario Vibra Mahou)
  • 01.50 h: Buhos (Escenario Galicia)
  • 03.00 h: Galician Army (Escenario Vibra Mahou)

Venres 12 de setembro

  • 16.30 h: A Duendeneta
  • 16.50 h: Seitura (Escenario Galicia)
  • 17.45 h: J Martina (Escenario Vibra Mahou)
  • 18.50 h: Sés (Escenario Galicia)
  • 20.00 h: Les Testarudes (Escenario Vibra Mahou)
  • 21.00 h: A Duendeneta
  • 21.30 h: Fermin Muguruza (Escenario Galicia)
  • 23.40 h: Sons of Aguitte & Scila (Escenario Vibra Mahou)
  • 00.40 h: Baiuca (Escenario Galicia)
  • 01.55 h: Svetlana (Escenario Vibra Mahou)
  • 02.55 h: Talco (Escenario Galicia)

Sábado 13 de setembro

  • 11.00 h: A Duendeneta
  • 11.30 h: Filloas (Escenario Vibra Mahou)
  • 12.30 h: Lendakaris Muertos (Escenario Galicia)
  • 13.45 h: A Duendeneta
  • 14.15 h: Monoulious Dop (Escenario Vibra Mahou)
  • 15.20 h: Mondra (Escenario Galicia)
  • 16.35 h: F.R.A.C. (Escenario Vibra Mahou)
  • 17.30 h: Dakidarría (Escenario Galicia)
  • 19.00 h: Bewis de la Rosa (Escenario Vibra Mahou)
  • 20.05 h: Heredeiros da Crus (Escenario Galicia)
  • 21.20 h: A Duendeneta
  • 21.50 h: Onza (Escenario Vibra Mahou)
  • 23.00 h: Riot Propaganda (Escenario Galicia)
  • 00.30 h: La Élite (Escenario Vibra Mahou)
  • 01.40 h: La Fúmiga (Escenario Galicia)
  • 03.00 h: Omiri (Escenario Vibra Mahou)
  • Fin de Festa: Yaya Dj (Escenario Vibra Mahou)

Domingo 14 de setembro

  • 12.30 h: Os Terribles de Arousa (Parque Dona Concha)
  • 13.00 h: Concerto Punkinfantil (Escenario Deleite)
  • 13.30 h: Sardiñada Turismo Rías Baixas (Parque Dona Concha)
  • 14.15 h: As do Xeito (Parque Dona Concha)
  • 15.30 h: Mekánika Rolling Band (Parque Dona Concha)
  • 17.15 h: Gala de Circo Solidaria (Escenario Deleite)
  • 19.45 h: Orquestra Bravú Xangai (Escenario Vibra Mahou)
  • 21.15 h: Terrae (Escenario Vibra Mahou)

ENTRADAS

O día 1 de setembro, os prezos das entradas sufrirán modificacións. Polo momento, os abonos e as entradas de día custan o seguinte:

FAITE AMOVIDALOVER
  • Abonos completos: 69,00 € + gastos de xestión
  • Entrada xoves: 35,00 € + gastos de xestión
  • Entrada venres: 35,00 € + gastos de xestión
  • Entrada sábado: 40,00 € + gastos de xestión
  • Entrada domingo: De balde

Doutra banda, aqueles que merquen o abono poderán adquirir acceso á acampada por un importe de 15,00 € no Rial e 10,00 € na Pelada, cun servizo circular de bus gratuito en ambos casos.

Podes mercarlas premendo aquí

Para coñecer máis sobre o festival e sobre os artistas, preme aquí.