Os concertos de Castrelos teñen un custo de arredor de tres millóns e medio de euros

Salvo sorpresa de última hora, o programa de Vigo en Festas para Castrelos deste verán xa está pechado. O cartel inclúe doce xornadas de actuacións musicais, sendo tres dela óperas ou teatro musical e outra o tradicional concerto da Coral Casbalanca.

Este xoves 2 de xullo arranca a programación de verán de Castrelos co concerto da mítica banda de rock Deep Purple. Os británicos cobrarán o segundo caché máis alto de Vigo en Festas (574.084 euros, IVE incluído), só superados por Chayanne, que se embolsará 853.050 euros polo seu concerto do día 30 de xullo. Deste xeito, o portorriqueño ascende ao podio dos concertos máis caros da historia de Castrelos, acompañado por David Guetta e Aitana. The Corrs e Viva Suecia, ambos con cachés de 459.800 euros, completan a zona alta.

GOZO FEST
CASTELAO

No lado contrario atopamos á Coral Casablanca (46.585 euros) e ás óperas Carmen (67.797 euros) e Nabuco (97.284 euros). Polo momento non se fixo pública a cantidade investida no triple concerto galego de Fillas de Cassandra, The Rapants e Eladio y los Seres Queridos, realizado en conxunto coa multinacional FNAC. O máis probable é que non supere os 100.000 euros, polo que o custo total da programación musical deste verán en Castrelos non chegaría aos tres millóns e medio de euros, unha cifra moi semellante á dos dous anos anteriores.

Unha das novidades desta edición é a maior presenza de artistas galegos en comparación con outros anos: Fillas de Cassandra, The Rapants, Eladio y los Seres Queridos, Iván Ferreiro e a Coral Casablanca. Tamén o aumento de óperas ou música teatral, vendo o bo funcionamento (e o baixo custo) que tiveron o ano pasado.

PROGRAMA

  • 2 de xullo – Deep Purple
  • 16 de xullo – Molotov
  • 18 de xullo – Coral Casablanca
  • 24 de xullo – Ópera Carmen
  • 30 de xullo – Chayanne
  • 1 de agosto – Noite de zarzuela
  • 7 de agosto – Abraham Mateo
  • 9 de agosto – Ópera Nabucco
  • 11 de agosto – The Corrs
  • 14 de agosto – Viva Suecia
  • 15 de agosto – Iván Ferreiro
  • 16 de agosto – Fillas de Cassandra, The Rapants e Eladio y los Seres Queridos
The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Xornalista cultural, fotógrafo e musiqueiro. E vigués. Director de tres documentais e coautor de Son da cidade. O libro da música viguesa do noso século.