Onde gastar o Bono Activa Comercio en Vigo
A Xunta de Galicia pon en marcha de novo o programa de reactivación do comercio local este mércores 4 de xuño a través dos bonos Activa Comercio. Así funciona e estes son os locais vigueses recomendados por A Movida nos que facer uso del. Preme aquí para consultar todos os locais de Vigo que participan.

O Bono Activa Comercio ofrece a cada persoa que o descargue un máximo de 30€ para gastar nos locais adheridos ata o esgotamento do crédito do programa, algo que adoita acontecer nos primeiros días. Estes descontos funcionan por tramos de 5, 10 e 15 euros segundo a cantidade final a pagar. Para conseguir o bono só tes que entrar na web, rexistrarte e descargalo no teu móbil, onde terás un código QR que escanearán nos negocios participantes nesta proposta da Xunta de Galicia.

Galería Maraca – Doutor Cadaval, 12

Galería Maraca é un punto de encontro creativo co espíritu de dar cabida ás tendencias artísticas que teñen pouca recepción nas galerías convencionais. Unha proposta onde poderás atopar as novas tendencias da cultura pop contemporánea convivindo ilustración, deseño e arte nun espacio curado desde Chachchá Studio con cariño, pasión e moitas cousas de molar.
Libraría Librouro – Rúa de Eduardo Iglesias, 12

Libraría que abriu as súas portas en 1967 e que está especializada en libros en galego e de pensamento galeguista, ademais de contar nos seus andeis cos éxitos literarios do momento.
Morriña Shop – Praza da Pedra, 5

A través de soportes como a camiseta e artigos de regalo, tratan de reivindicar identidade galega, desde unha perspectiva contemporánea, enfrentando os iconos actuais e imaxinería popular da que tan orgullosos estamos!
Woodtown – Av das Camelias, 20

A moda urbana ten en Vigo un templo de madeira chamado Woodtown. Contan con todo tipo de prendas e zapatillas de marcas internacionais sobredamente recoñecidas, como Carhart, Vans, Huf, Element, Revolution ou Numeric by New Balance. Woodtown e a súa sorrinte tendeira Joana son referencia dun estilo de vida urbano, desenfadado e alternativo, pero que presta especial atención á calidade e o deseño das prendas que viste.
Le Marche de Rachel – Rúa Carral, 15

Comercio no que a cor, os estampados e os deseños orixinais ocupan paredes, estantes, vitrinas e burras. Unha tenda multimarca onde cada prenda elíxese polo seu deseño, pero tamén con criterios de calidade e sostenibilidade. O prato forte son as prendas de roupa, pero Le Marché de Rachel tamén vende calzado, mochilas e estoxos e complementos artesanais e rechamantes.
Mapis – Rúa de Pizarro, 47

Tenda de puericultura con todos os artigos que os pais precisan para coidar dos seus pequenos: accesorios, carriños, xoguetes… das mellores marcas e conxugando funcionalidade, estética e diversión. Neste artigo podes coñecela mellor.
Vaidhé – Rúa Carral, 7

En Vaidhé, Iris e Eli seleccionan láminas, libros, xoias, cerámica, roupa e obxectos decorativos de pequenos artesáns e marcas maioritariamente galegas. Tamén venden produtos deseñados por elas mesmas, como a colección de tote bags con mensaxe ou os cadernos para que amantes do cine, os libros, as viaxes ou a cociña rexistren a súa paixón con mimo e estilo.
Galerías Fetén – Rúa de Elduayen, 28

Tenda, rexentada por Águeda González e Xacobo Cacharrón, atoparemos roupa, complementos, calzado e decoración para o fogar de marcas singulares escollidas con agarimo e bo gusto.