Onde celebrar o magosto en Vigo
Co mes de novembro, a cidade énchese de magostos nos que comer castañas e desfrutar da cultura popular. Parroquias, asociacións veciñais e colectivos culturais organizan celebracións ao aire libre con música, gastronomía e arrecendo a castañas asadas. Preme no título de cada evento para máis información e horarios.
NOTA: este listado será actualizando nas próximas semanas co anuncio de novas festas.

MAGOSTO EN COMESAÑA – 8 de novembro no Torreiro de San Andrés de Comesaña
O evento celebrarase baixo unha gran carpa instalada no Torreiro de San Andrés (ver ubicación), garantindo así o desfrute da xornada independentemente do tempo. A xornada comeza ás 12:30 h e inclúe actuacións de pandereteiras, charanga, reparto de castañas, espetáculo infantil, concerto pop-rock e sesión de DJ.
MAGOSTO NO PARQUE DA RIOUXA – 8 de novembro no Parque da Riouxa
Festa popular con gaiteiros e pandeiretas desde as 12 da mañá. chouriopán e pulpeiro a mediodía e castañas a partir das 17h. Pola tarde contarase con animación infantil e de noite o concerto de Terapia de Grupo e sesión DJ.
MAGOSTO NO BERBÉS – 8 de novembro na Praza do Berbés
Organizada pola Federación de Peñas Recreativas El Olivo de Vigo. A xornada comezará ás 16.30 horas coa preparación das castañas. Ás 18.00 horas abrirase a festa ao público, o cal poderá degustar castañas asadas. Ás 18.20 e 19.45 horas haberá actuacións musicais. Ás 19.25 horas realizarase a lectura do pregón e ás 21.30 horas o magosto chegará ao seu fin.
MAGOSTO E SAMAÍN EN SAIÁNS – 8 de novembro na Asociación Veciñal Cultural e Deportiva S an Xurxo de Saiáns
Festa de magosto e Samaín a partir das 17h con animación infantil Fitciones, castañas de balde e moitas sorpresas.
MAGOSTO NO MONTE DA MINA – 8 de novembro na Asociación Cultural Monte da Mina en Castrelos
Castañas e e música coa actuación de ‘Vai na herba’ do Freixo.
MAGOSTO NA REBULLÓN – 8 de novembro na Sala Rebullón
A Sala Rebullón organiza o seu magosto para toda a familia cunha actuación infantil de CABICIVAI seguida dun concerto de Os Punkis da Tellada. Pola noite darán espectáculo Os Mangacarballos e Uku Kalhus desde portugal. Pechan a noite os Dendeneta DJ’s.
MAGOSTO EN BEADE – 8 de novembro no Centro Social de Beade
A veciñanza de Beade celebra o Magosto coas tradicionais castañas de balde a partir das 19:00h. En canto á música, programada a partir das 19:30h, virá da man do Grupo de gaitas ‘Arume’ e do Grupo de pandereteiras ‘A volta do Demo’.
MAGOSTO EN VALADARES – 8 de novembro no Centro Veciñal e Cultural de Valadares
Castañas gratis en Valadares e festa coa actuación do grupo folcórico do CVC de Valadares.
MAGOSTO ROCK – 14 de novembro no Centro Xuvenil Abertal
A partir das 20:30 h, no patio do Colexio Salesiano María Auxiliadora (rúa Venezuela, Vigo), terá lugar unha merenda-cea de castañas, choripán e bebida, ademais dun concerto karaoke aberto. Reservar a través do formulario de inscrición.
MAGOSTO PARQUE DA BOUZA – 15 de novembro no Parque da Bouza
Magosto en Coia con obradoiros e xogos para as crianzas, música tradicional con Trebón dos Xidos e para rematar un súper concerto con El Hechizo de Nora. Por suposto tamén haberá castañas.
MAGOSTO EN TEIS – 15 de novembro no mercado de Teis
O magosto do mercado de Teis terá actuacións e castañas de balde, ademais de bebidas e pan con chourizo a prezos populares.
MAGOSTO EN FAMILIA – 21 de novembro en Mi Rincón Favorito
EN Mi Rincón Favorito organizan un obradoiro especial e festa do magosto despois con xogos e contacontos, un plan pensado para os máis pequenos. Hai que consultar na web os prezos.
MAGOSTO NO SOLAR DA POMBA – 21 de novembro no Solar da Pomba (entre a plaza de Don Bosco e a rúa do Pracer)
A asociación veciñal da Pombacelebra o seu magosto con actuación do Coro Cantamañás e para tamén anunciar novidades sobre os seus proxectos e actividades futuras. Todo o mundo está convidado a ir e levar tamén instrumentos musicais.
MAGOSTO BEMBRIVE EN PÉ – 22 de novembro na Estrada Bembrive 247
A Asociación Bembrive en pé organiza a súa festa do magosto con castañas asadas de balde. Todo o mundo está convidado tamén a traer instrumentos para unha velada de foliada ata a noite.



