Once espazos onde escoitar música en directo nos arredores de Vigo

Malia que en Vigo gocemos dunha ampla oferta no que a música en directo se refire, de cando en vez tamén presta visitar algunha da cidades e vilas que temos preto. Recompilamos algúnhas salas de concertos e locais onde gozar de música en directo en Mos, Ponteareas, Nigrán, Goián, Tui, Cangas, Bueu e Pontevedra.

ESCENICAS

A só quince ou vinte minutos en coche desde o centro de Vigo, a Sala Rebullón é un dos espazos máis modernos e que máis programan de Vigo e a súa área. O espazo ten moi boa acústica e capacidade para 300 persoas, sendo un dos máis amplos da contorna.

Desde a súa reapertura hai uns meses, A Cantina está a programar moito e con criterio: concertos, sesións vermú, jams, sesións DJ…Artistas nacionais e internacionais como Anaut, Pájaro, The Black Hole, Joe Tatton, ou Mike Sánchez xa pasaron polo seu escenario.

O ADRO (Cangas)

Último local da lista en abrir as súas portas no corazón de Cangas. Nestes dous meses de actividade están a apostar en especial pola música galega, sempre con criterio e eclecticismo, e cun apartado estético moi coidado.

MALABAR PÉNJAMO (Nigrán)

Situado ao pé da praia do Abra, este espazo semicuberto concentra a maior parte da súa actividade nos meses estivais, mais programa durante todo o ano. Os domingos de verán ten preparado o ciclo Tardes na Solaina, con propostas tan interesantes como The Limboos, The Stems, Family Folks, Arizona Baby, Los Deltonos ou Dorrey Lyles.

THE TEMPLE MUSIC BAR (Nigrán)

Concertos, jam sessions e monólogos é o que ofrece esta sala próxima a Praia América, que abríu as súas portas a finais de 2025. Rock, jazz, blues ou funk son algúns dos seus xéneros predilectos ao longo destes seis meses de actividade.

JJ COPAS (Ponteareas)

Referente da música en directo desde hai moitos anos, o JJ Copas é o templo musical de Ponteareas. Ademais da súa programación habitual, acolle as batallas de bandas do concurso do Rock in Río Tea.

CENTRAL (Tui)

Cafetería e coctelería que programa habitualmente sesións DJ e música en directo, mesmo na súa agradable terraza cando o tempo o permite.

ATURUXO (Bueu)

Situado no centro de Bueu, desde hai varios anos este local leva enchendo de música as noites da vila, achegando ao Morrazo grupos de sona estatal e internacional e tamén acollendo as propostas musicais da mocidade da bisbarra.

NASANTIÑA (Pontevedra)

Ademais de polo seu churrasco, NaSantiña é coñecida polos concertos de pequeno formato que fai na súa terraza.

BARAFUNDA

O PANDERETAS (Pontevedra)

Na súa terraza cuberta por uns arcos de pedra adoitan ter lugar actuacións en directo e sesións DJ.

BRISA CHIRINGO (Cesantes)

Chiringuito situado fronte á praia de Cesantes cunha abundante programación musical durante o verán, especialmente de artistas de temas propios.

The following two tabs change content below.