Oito plans de inverno en Vigo (máis alá das luces)

O inverno en Vigo é moito máis que Nadal. É unha estación marabillosa para gozar da nosa cidade, especialmente en días solleiros. Aquí van oito plans que escapan do balbordo da Alameda e Policarpo Sanz (iso deixámolo para os turistas).

Ben sexa para cruzar ata Cangas, ou mesmo para cear abordo do Barco de Nadal de Mar de Ons.

Ata o 11 de xaneiro podemos visitar no Museo do Mar a exposición Quino na Música, con máis de 100 debuxos orixinais do autor de Mafalda.

Máis información

Erguerse tarde e arrancar o día cun gorentoso brunch, nunca é mala idea. Nos barrios da cidade temos varios locais especializados. Un dos noso favoritos é Porto Café nas Travesas..

Máis información

Para facer a dixestión que mellor que unha camiñata? O Monte Alba o parque forestal de San Miguel de Oia ou o río Eifonso, teñen uns sendeiros que locen ben bonitos nesta época.

Máis información

Estamos en tempo dos pratos de culler. Poucos cocidos igualan ao que ofrecen no Bar Primavera os vernes. Caseiro, saboroso e económico!

Máis información

Para as compras fuximos das grandes cadeas e acudimos a tendas con encanto como a galería Maraca, Vaidhé ou Galerías Fetén.

Máis información

E que mellor que uns bailes para entrar en calor? En Churruca a música non para. Na sala Kominsky e A Casa de Arriba hai concertos tódalas semanas.

Máis información

REVISTA NADAL

E finalmente, que tal se nos deixamos de comprar, comer e beber. Porque ás veces só hai que pararse a mirar o solpor máis bonito do mundo… E iso non se paga.

Máis información