Obradoiros gratuítos en catro espazos da cidade polos Días Europeos da Artesanía
A Casa Rodante, Las Flores de Greta, o Museo do Mar de Galicia e a EMAO únense aos Días Europeos da Artesanía e celebran obradoiros e actividades gratuías esta semana.

Vigo súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía, unha iniciativa que ten como obxectivo achegar ao público os segredos do traballo artesán. Durante unha semana, actividades de balde como feiras, xornadas de portas abertas, demostracións en directo e obradoiros convidarán a visitantes de todas as idades a mergullarse na esfera da creación artesanal. Para os que prefiran o formato dixital, existen tamén cursos online de Batik indonesio ou cestería que poden consultarse na web oficial: www.diasdelaartesania.es.
A Casa Rodante
Centro Comercial A Laxe, planrta baixa, local 7
Marca e espazo de venda de artesanía elaborada por persoas con parálise cerebral nos talleres de APAMP Asociación de Familias de Personas con Parálisis Cerebral). O local da Laxe organiza periódicamente encontros e obradoiros abertos á cidadanía. É necesaria inscrición previa a través da web por mor das prazas limitadas.
- Obradoiro de Gravado – Mércores 8, de 16:00 a 20:00 h
- Obradoiro de Cestería – Xoves 9, de 11:00 a 13:00 h
- Obradoiro de Encadernación – Xoves 9, de 16:00 a 20:00 h
- Mostra de elaboración de papel artesán – Venres 10, de 11:00 a 13:00 h
Las Flores de Greta
Rúa Abeleira Menéndez, 11
Marca de artesanía especializado en estampación textil con elementos botánicos.Durante esta semana abren o seu espazo a propostas doutros artesáns.
- Estampación botánica: Estampa un mantel individual (adultos) – Venres 10 de 17:00 a 18:30 h
- Taller de Origami para a creación de pezas modulares – Venres 10 de 19:00 a 21:00 h
- Estampación botánica: Estampa un mantel individual (familias) – Sábado 11de10:30 a 12:00 h
- Creación dun moedeiro de origami aplicado ao coiro – Sábado 11de 12:30 a 14:30 h
- Taller de cestería para a creación dunha bandexa de ratán – Sábado 11de 17:00 a 19:00 h
Museo do Mar de Galicia
Av. da Atlántida, 160
O Museo do Mar acolle obradoiros participativos de balde organizados pola Fundación Artesanía de Galicia. Estas actividades permiten coñecer os oficios tradicionais en horario de mañá (11:00 a 13:30) e de tarde (17:00 a 19:00).
- Cerámica en mesa con Peixe Nero.
- Cerámica en torno con Carlos San Claudio.
- Pintura sobre madeira con Como Pez en el Agua.
- Estampaxe vexetal sobre tecido con Peixesapop.
EMAO
Avenida García Barbón 5
A EMAO acollerá o terceiro Encontro Profesional Galego de Construción de Instrumentos Musicais os días 11 e 12 de abril. Organizado pola asociación LABRA, o evento reivindica a Galicia como berce de construtores de instrumentos dende a Idade Media, poñendo en valor un patrimonio cultural que ten no Pórtico da Gloria o seu máximo expoñente. Os horarios de visita son de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h.
