‘Oasis’, ‘Punto Nemo’ e ‘Ágata y Lola’ encabezan a programación do Festival de Series Ría de Vigo

O Festival Internacional de Series Ría de Vigo continúa desvelando a programación da súa segunda edición, que se celebrará do 10 ao 12 de xuño no Tinglado do Porto de Vigo con entrada gratuíta. O festival aposta polas estreas exclusivas e o diálogo coa industria audiovisual.

Durante tres xornadas, o Festival Internacional de Series Ría de Vigo ofrecerá seis proxeccións especiais acompañadas de encontros e coloquios con parte dos equipos artísticos e creativos das series, reforzando a aposta do Festival Internacional de Series Ría de Vigo por achegar ao público e á industria os procesos detrás de cada proxecto.

ESCENICAS

A festival arranca o mércores 10 de xuño ás 18:00 h coa proxección da serie Contando los días, unha comedia romántica creada e protagonizada por Alba Loureiro y Tania Medina, grabada en formato reel-serie en vertical, un dos formatos emerxentes con maior crecemento internacional.

Tamén o mércores 10, ás 20:00 h, o festival celebrará a súa primeira gran alfombra azul cun dos grandes acontecementos da edición: a estrea en primicia de Oasis, producida por Bambú Producciones para Netflix. Oasis é un thriller xuvenil que transcorre nun resort de luxo no que se investiga a desaparición dunha persoa.

BARAFUNDA

O xoves 11 de xuño, ás 18:00 h, será a quenda de Punto Nemo, segunda parte da produción de ciencia ficción que segue a un grupo de persoas atrapadas nunha illa remota cun virus extraterrestre. A serie está protagonizada por Óscar Jaenada, Maxi Iglesias, Alba Flores e Nawja Nimri e é unha das grandes estreas do ano en España. 

O mesmo día ás 21:00 h terá lugar a estrea de Ágata y Lola, precedida dunha alfombra azul. Produción de Portocabo para Atresmedia rodada parcialmente en Vigo. A historia xira arredor da singular alianza entre Lola, unha impulsiva inspectora de homicidios, e Ágata, unha meticulosa documentalista con autismo.

O programa continúa o venres 12 de xuño ás 18:00 h con Gastón, un actor de mierda, dirixida e protagonizada por Mateo Franco Gala de Clausura; e finaliza coa Gala de Clausura na que se autorgarán os premios e se proxectará en estrea a serie Millonarios.

Ademais das proxeccións, o festival contará cun destacado programa de industria dedicado ao desenvolvemento e financiamento de series, ás novas tendencias audiovisuais, aos microdramas e sesións de pitching de novos proxectos.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado atopala en moitos dos saraos vigueses.