VIALIA
REVISTA MARZO

O Teatro Afundación retoma a súa actividade

Atendendo o cumprimento de todas as medidas sanitarias de prevención, a actividade retómase nun dos espazos culturais de referencia en Vigo. O Teatro Afundación acollerá ópera, monólogos, actividades infantís, ballet e concertos nos próximos meses.

Faemino e Cansado nunha imaxe promocional

Afundación retoma a súa actividade escénica no Teatro Afundación de Vigo a partir do próximo 17 de setembro co recital de Ismael Jordi e Sabina Puértolas, na Bel Canto Gala, enmarcada nas actividades desenvolvidas pola Asociación de Amigos de la Ópera de Vigo co gallo do Outono Lírico. As entradas para este espectáculo, que terá lugar ás 20.00 h, poden adquirir en Ataquilla.com.

Banner A Movidiña

Os días 24 e 25 de setembro, ás 20.00 h, daranse cita no escenario do Teatro Afundación o clásico dúo Faemino y Cansado co seu espectáculo 17 veces. Segundo a tradición kaon lin da bimilineraria cultura chinesa, o dios Kuan Lon, a única deidade que vive nunha cantimplora, permite un ser humano gozar de clarividencia catorce veces nunha vida. Faemino y Cansado obvian a tradición e sosteñen que catorce son poucas y que eles xa van pola décimo sétima. Este novo espectáculo é, sen dúbida, o máis ruturista da súa traxectoria.

Do 6 ao 10 de outubro, ambos incluídos, e en varias funcións e horas, poderase desfrutar do espectáculo Clowns. Despois do éxito de Circo de Hielo, Circlassica e Circo Mágico, Productores de Sonrisas presenta o seu novo espectáculo, un show no que os espectadores poderán desfrutar con 5 visións do humor, 5 miradas ao absurdo, 5 clowns que conseguirán converter a poesía en risa. Gensi e Isa, os Carabranca mestres de cerimonias, tratarán de ordenar as loucuras do resto de Clowns, entre os que descubriremos a Davis Vassallo, un director de orquestra funambulista, a Luigi, un pícaro inventor musical, e ao máis trasto de todos, Housch Ma-Housch, un clown que ten como entretemento favorito saltar o guión. Todos eles, xunto ao polifacético David Burlet, co seu vertixinoso número de pratos xiratorios e acompañados pola elegante equilibrista Klaudia, serán os encargados de trasladar o espectador a un mundo onde o xesto se volve sorriso e o sorriso en sonora gargallada. Clowns nace para lembrar o público o necesario que é rir, berrar, aplaudir e compartir cos teus momentos inesquecibles.

O martes 12 de outubro ás 20.30 h o Ballet Nacional Ruso representará no Teatro Afundación Vigo El lago de los cisnes. O Ballet Nacional Ruso, compañía de referencia mundial dirixido por Serguey Radchenko presenta un dos grandes títulos de P. I. Tchaikovsky, cun corpo de baile de 45 bailaríns e virtuosos solistas. O Ballet Nacional Ruso fúndase en 1989, cando lendario solista do Teatro Bolshoi de Moscú, S. Radchenko intenta realizar a súa visión dunha compañía, que reunise os elementos máis clásicos das grandes compañías de Ballet Kirov e Bolshoi, nunha nova compañía de ballet independente dentro do marco do ballet clásico ruso. Os principais bailaríns de toda Rusia forxan baixo dirección de S. Radchenko unha emocionante compañía, poñendo en escena novas producións de clásicos atemporais como Giselle, Don Quijote, Paquita e Carmen. O día antes, o 11 de outubro, terá lugar no mesmo espazo o concerto de La Mala Rodríguez Lujo Ibérico Unplugged, parte do festival Underfest.