O Revenidas anuncia a programación por días

O  Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán do 10 ao 13 de setembro de 2026, vén de desvelar o cartel dos catro días ao tempo que anuncia nove novos artistas: El Pony Pisador, La Sra. Tomasa, De Vacas, Tapa D’Orella, Lisdexia, Taqbir, Awakate, Maloa Brothers, Yaya Dj e A Duendeneta tamén se suman ao cartel do festival.

O Revenidas 2026 arrincará o xoves 10 coas presenzas de Narco, Sara Hebe, De Ninghures, Sons of Aguirre & Scila, Nadie González, Süne, El Pony Pisador, Yaya Dj e A Duendeneta.venres 11 será a quenda de Evaristo, Bob Vylan, Dakidarría, Ilan Amores, La Sra.Tomasa, Matah, Terrae, The Salsa Punk Orkestra, Arrhythmia e A Duendeneta.

A terceira xornada do festival, a do sábado 12 reunirá a La Gossa Sorda, El Drogas, Fillas De Cassandra, The Rapanst, Taqbir, Rebeliom do Inframundo, Kumbia Queers, Malifeta, 9Louro, Awakate, Maloa Brothers, Queen Rendi, Tapa De Orella e A Duendeneta. O Revenidas pecharase o domingo 13 coa tradicional sardiñada popular ao mediodía, a Gala de Circo Solidaria e as actuacións de Mekanika Rolling Band, As do Xeito, De Vacas e Lisdexia.

Coincidindo co anuncio do cartel por días, o Revenidas revela nove novos nomes que se suman á súa programación. Entre eles, os barceloneses El Pony Pisador, unha banda que mestura folk, cantos de taberna e espíritu festivo; La Sra. Tomasa, a banda que hai máis dunha década revolucionou a escena da fusión da electrónica e os ritmos latinos que ofrecerá no Revenidas o seu derradeiro concerto en Galicia; De Vacas, coas súas irreverentes, desenfadadas e harmónicas revisións de clásicos do pop; Taqbir, a gran referencia actual do punk marroquí; Maloa Brothers, o trío formado por un dos vocalistas de La Raíz; Tapa D’Orella, a nova proposta de verbena 2.0 de Pappaquino e Willow GHZ; Lisdexia, a banda de punk e garaje rock chegada dende Muros; Yaya Dj, xa todo un clásico do Revenidas, e A Duendeneta, que este ano celebra a súa décima presenza de forma consecutiva no festival de Vilaxoán con sesións o xoves e o venres e o peche da xornada do sábado.

festival ten á venda na páxina web www.revenidas.com un cupo moi limitado de entradas de día a prezos de promoción: xovespor 28 euros; venres a35 euros e sábado a 38 euros. A todos estes prezos é preciso engadir os gastos de xestión. Os abonos para as tres xornadas tamén seguen á venda a un prezo de 66€ (+gastos de xestión). A acampada ten un custe de 15,00€ para as persoas con abono e de 10,00 € a noite para as persoas con entradas de día.