Recorda Fest aposta pola nostalxia e confirma a Natalia Rodríguez
Natalia Rodríguez únese ao Recorda Fest xunto a Cali y el Dandee, Juan Magán, La M.O.D.A., Marlon, Sidecars, Taburete, Hey Kid, Hydn, Inazio, Mafalda Cardenal, Galician Army, Señora DJ e Pavlenha. Os abonos están á venda por un prezo de 55 euros máis gastos de xestión en www.recordafest.es.

O Peirao de Batería da Coruña reunirá os días 4 e 5 de setembro a destacados nomes do pop e a música de baile, incluída unha homenaxe á música dos anos 2000. Unha vintena de artistas, ademais dos DJ encargados dos cambios de escenario, ofrecerán concertos na cuarta edición do festival que despide o verán na Coruña.
Nesta edición Recorda Fest quere render homenaxe aos anos 2000, á época na que chateabamos no Messenger, vestiamos pantalóns de campá e comezabamos a escoitar música no iPod. A primeira confirmada destas Recorda Sessions é Natalia, participante da primeira edición de OT. Ao longo da súa carreira publicou cinco álbumes 33 sinxelos, entre os que destacan Vas a volverme loca, Besa mi piel, Que no puede ser, Loco por mí, Libérate e Un poco de mí. O seu traballo permitiulle acadar dous discos de ouro, un disco de platino e superar o medio millón de discos vendidos.

Natalia Rodríguez súmase así aos artistas anunciados previamente polo festival: Cali y el Dandee, Juan Magán, La M.O.D.A., Marlon, Sidecars, Taburete, Hey Kid, Hydn, Inazio, Mafalda Cardenal, Galician Army, Señora DJ e Pavlenha. Á espera de confirmar varios nomes máis, entre eles un cabeza de cartel, os abonos continúan á venda por 55 euros máis gastos de xestión en www.recordafest.es.




