As dúas tendas de discos máis veteranas de Vigo súmanse ao Record Store Day

Este sábado 18 celébrase en todo o mundo o Record Store Day, o día das tendas de discos. En Vigo contamos cun par que se suman a esta celebración e outras que, aínda que non o faga, tamén paga a pena visitar nesta xornada especial. Podes consultar aquí as edicións especiais para este RSD.

Discos Elepé | U. Soliño

Record Store Day é unha iniciativa creada para reivindicar e apoiar as tendas de discos independentes fronte ás grandes corporacións e á venda en liñ, que se celebra cada terceiro sábado de abril. A idea orixinal do Record Store Day foi concibida por Chris Brown e fundado en 2007 por Eric Levin, Michael Kurtz, Carrie Colliton, Amy Dorfman, Don Van Cleave e Brian Poehner como unha celebración da cultura protagonizada polas tendas de discos independentes dos Estados Unidos. Ese día as tendas ofrecen edicións especiais feitas exclusivamente para o RSD, promovendo que ao público se achegue a estes lugares esenciais para a cultura musical. En España celébrase desde 2011 cunha participación cada vez maior por parte de establecementos e público.

MILLO VERDE

Vigo conta na actualidade con seis tendas de discos: Discos Elepé, Honky Tonk, Pick Up, Riolagares, La Cueva e Inquedanzas Sonoras. Todas elas, agás a última, están situadas bastante próximas entre si, na zona centro. Discos Elepé e Honky Tonk, as dúas veteranas da cidade, súmanse este sábado 18 á celebración do Record Store Day, polo que ese día ambas tendas terás, ademais do seu catálogo habitual, obras exclusivas que só estás dispoñibles durante a xornada do sábado.

Pola súa banda, Pick Up vai celebrar ese mesmo día o seu 9º aniversario, sacando do almacén centos de discos que non adoitan estar fisicamente na tenda. As tres tendas restantes (Riolagares, La Cueva e Inquedanzas Sonoras) non se pronunciaron ao respecto da celebración do RSD.

Aproveitamos para recuperar este vídeo (e artigo) que gravamos hai un meses, onde lles pedimos aos responsables de Elepé, Pick Up e Riolagares que nos recomendaran unha serie de discos.

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Xornalista cultural, fotógrafo e musiqueiro. E vigués. Director de tres documentais e coautor de Son da cidade. O libro da música viguesa do noso século.