O programa “Camiño a Camiño” regresa con oito roteiros circulares e actuacións musicais

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves unha nova edición do programa “Camiño a Camiño” para o vindeiro outono. Nesta ocasión serán oito rutas circulares, catro en setembro e catro en outubro, que inclúen actuacións musicais.

Xa se coñece a programación das actividades do proxecto Percorridos Medioambientais de outono a carón dos sendeiros locais polos montes de Vigo, dentro do programa “Camiño a Camiño 2020”. A Xunta de Goberno Local aprobou esta iniciativa con oito roteiros que se realizarán entre os meses de setembro e outubro.

Este ano a iniciativa inclúe dúas novidades. Por un lado, os sendeiros serán todos circulares, de forma que os usuarios poidan acudir directamente polos seus propios medios; e por outro, todas as rutas finalizarán cunha actividade cultural. A continuación, a programación completa:

“Camiño a Camiño” setembro:

Día 19: Sendeiro local Beade-Bembrive

Punto de encontro (16:45h): Parque Forestal de Beade
Actuacións (19:30h): AF Andarela e AFC Corisco

Día 20: Sendeiro local Candeán

Punto de encontro (09:45h): Parque Forestal do Vixiador
Actuacións (12:30h): CSCR Beade, Asociación A Monteira e AF O Coto

Día 26: Sendeiro Local Zamáns:

Punto de encontro (16:45h): Parque Forestal de Zamáns
Actuacións (19:30h): CCAR Valadares e AC Traspés

Día 27: Sendeiro Local Oia

Punto de encontro (09:45h): Parque Forestal de Oia
Actuacións (12:30 h): ACF O Fiadeiro e Helios de Bembrive

“Camiño a Camiño” en outubro:

Día 3: Sendeiro Local Valadares

Punto de encontro (16:45h): Parque Forestal Monte dos Pozos
Actuacións (19:30h): AF Queixumes e AFC Froles Novas

Día 4: Sendeiro Local Matamá-Comesaña

Punto de encontro (09:45h): Parque Forestal Maruxento (Matamá)
Actuacións (12:30h): AFT Os Ventos de Comesaña e AX de Tempo Libre Vagalume

Día 10: Sendeiro Local Coruxo

Punto de encontro (16:45h): Fragoselo
Actuacións (19:30h): Grupo Etnográfico A Buxaina e AC Alalá

Día 11: Sendeiro Local Saiáns

Punto de encontro (09:45h): Parque Forestal de Saiáns:
Actuacións (12:30h): CCR Cabral, ACRD Pardavila e AFC Asubío

bannerAfundacion
Compartir
X