O Instituto de Estudios Vigueses presenta un fórum de actividades sobre historia, arte e patrimonio

Conferencias, música e un paseo guiado para coñecer mellor a cidade. O Instituto de Estudios Vigueses organiza de marzo a novembro o fórum Mirar Vigo, mirar por Vigo, que reunirá a recoñecidos especialistas galegos.

O Instituto de Estudios Vigueses organiza ao longo de 2026 o fórum Mirar Vigo, mirar por Vigo, un ciclo de actividades culturais que inclúen un concerto, conferencias e un paseo guiado para coñecer sobre o terreo a obra de destacados arquitectos galegos. As sesións celebraranse principalmente na Escola de Artes e Oficios e son de balde.

O programa conta coa participación de expertos como o historiador da arte José Luis Mateo, o investigador Roberto Mera Covas, o arqueólogo e conservador Vicente Caramés Moreira, o historiador Antonio Giráldez ou o avogado especialista en urbanismo Diego Gómez Fernández, xunto a artistas como Nelson Villalobos e Antón Pulido

Reserva no enderezo electrónico: forumestudiosvigueses@gmail.com, que será firme cando se confirme o número asignado. Se hai prazas libres ofreceranse no propio salón de actos ata completar aforo.

Xoves 9 de abril ás 19:30h na Biblioteca da Escola de Artes e Oficios
Conferencia de José Luis Mateo, historiador da arte: ‘Mirar Vigo… Vigo nas vistas e ilustracións‘. Presenta: Carlos Núñez.

Xoves 14 de maio ás 19:30h na Biblioteca da Escola de Artes e Oficios
Conferencia de Diego Gómez Fernández, avogado especialista en dereito urbanístico e coordinador da sección de Formación do Colexio de Avogados de Vigo: “O patrimonio cultural e o planeamento urbanístico de Vigo”. Presenta: Jacinto Lareo.

Xoves 11 de xuño ás 16:30 e ás 17:00h, con saída dende a parada do autobús urbano no Berbés
Paseo guiado pola obra de Antonio Palacios e Manuel Gómez Román. Guías: José Luis Varela Alén, Mercedes Bangueses e José Luis Mateo.

Percorrido: Convento das Salesas e chalé de Manuel Gómez Román (Vigo), Templo Votivo do Mar (Panxón, Nigrán) e Virxe da Rocha (Baiona).

Reserva en forumestudiosvigueses@gmail.com, que será firme cando se confirme o número de praza e o autobús asignado.

Xoves 24 de setembro, ás 19:30h na Escola de Artes e Oficios
Conferencia de Roberto Mera Covas, investigador e licenciado en Dereito e Ciencias Políticas e da Administración: ‘Alejandro Viana Esperón: do compromiso con Vigo á proeza do rescate dos refuxiados republicanos’. Presenta: José Luis Mateo.

Xoves 15 de outubro, ás 19:30h na Escola de Artes e Oficios
Conferencia de Vicente Caramés Moreira, comisario de exposicións, investigador e arqueólogo conservador do Museo do Mar de Galicia en Vigo: ‘O triángulo do oprobio escravista entre África, Galicia e América’. Presenta: José Luis Mateo.

Xoves 12 de novembro, ás 19:30h na Escola de Artes e Oficios
Mesa redonda cos artistas Nelson Villalobos e Antón Pulido: ‘Mirar Vigo… A mirada dos artistas e a cidade de cores‘. Presenta: Antonio Giráldez.