O Graneiro de Amelia, o supermercado a granel de Vigo
O movemento pola paliacidos efectos da crise climática está en boca de todos e moi frecuentemente nos atopamos ante iniciativas empresariais que utilizan estas inquedanzas en beneficio propio, sen aportar de xeito real ao cambio. É o chamado greenwashing. Entre toda esta selva de maluso das palabras “verde” ou “ecolóxico” hai iniciativas que abandeiran o cambio de paradigma con honestidade e propondo alternativas prácticas a, por exemplo, o abuso dos envoltorios de plástico nos produtos cotiás. É o caso de O Graneiro de Amelia, un supermercado a granel con dúas tendas físicas e unha online.
O Graneiro de Amelia abriu en Pontevedra en 2011 e a día de hoxe conta con dúas tendas en Vigo, nove en Galicia, outras dúas en España e a intención de abrir próximamente en Andorra, ademais dunha tenda online. O negocio naceu con intención de cambiar a mentalidade dos consumidores habituais, ofrecendo a posibilidade de mercar sen desperdicios. O modelo foi un éxito e hoxe en día contan con nove tendas en Galicia, dúas delas en Vigo, e tenda online nas que ofrecen máis de mil referencias de legumes, pastas, cereais, especias, froitos secos, chocolates, kombucha, zumes… todo a granel, sen cantidade mínima e con embalaxes sostibles.
As vantaxes de comprar a granel son moitas, como nos explica Edgar Ramírez, un dos donos do negocio. O principal é que mercas o que precisas, evitando o desperdicio alimentario e aforrando cartos. “Ademais mantemos a cercanía cos clientes e agricultores respetando prezos e xeramos un modelo de compra respetuoso e amable co medio ambiente”, continúa.
Outro punto a favor deste supermercado é o servizo personalizado. Que non temos claro que tipo de legume elixir, por exemplo, para un cocido, ou canta cocción precisa? só temos que preguntarllo ao persoal da tenda. Nesta ocasión recoméndanos escoller a variedade de garavanzos grande da zona de Salamanca. Son uns garavanzos especialmente mantecosos, polo que son popularmente chamados lechosos e “deixan un caldiño espeso polo almidón que conteñen”. “O Zamorano, que é un poquiño máis pequecho e terso tamén nos valería”, engade.
O mundo dos cocidistas está dividido entre os que o prefiren con fabas ou con garavanzos. En O graneiro de Amelia tamén teñen o corazón partido “A miña avoa Amelia encantáballe con fabas, pero á miña nai gústalle cos garavanzos. Os dous son válidos e só depende do gusto de quen o vai papar”, cóntanos Edgar Ramírez, socio fundador do supermercado a granel.
Como no caso das carnes, os legumes tamén necesitan de remollo, ainda que neste caso será dabondo con somerxilos 12 antes de comezar a cociñar. Coceremos os legumes na mesma pota das carnes,para que absorvan todo o sabor destas, idealmente dentro dunha bolsa de malla para poder rescatalas con facilidade no caso de que estean listas antes que o xénero porcino. Como norma xeral, estarán tenros en hora e media, pero é importante preguntar o tempo exacto cando vaiamos compralos, pois varía moito dependendo da variedade e o tempo de remollo.
Outros produtos típicos destes meses que podemos atopar en O Graneiro de Amelia son as fariñas de castaña e de millo, de orixe galego e algunhas delas moídas en muíño de pedra; tamén sen glute para a elaboración de todos os doces típicos de entroido, orellas, filloas, flores de entroido, rosquillas…
O Graneiro de Amelia ten dúas tendas abertas en Vigo, unha en Urzáiz, 25 e outra no número 167 da mesma rúa, na peatonal do Calvario. Tamén podemos adquirir os seus produtos na súa tenda online, con envíos gratis a partir dos 20€ de compra.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A mariscadora Dula Piñeiro protagoniza o Festival Kerouac adicado ás poetas do mar - 25 Setembro, 2024
- Nove actividades imprescincibles do Galician Freaky Film Festival - 20 Setembro, 2024
- Turmalina: ‘brunch’ á brasileira - 17 Setembro, 2024
- ‘Terminator’, ‘A Nightmare on Elm Street’ e Pequefreak na primeira fin de semana do GFFF - 17 Setembro, 2024
- O GFFF quece motores cunha Batalla de Programadores e un Trivia Freak esta semana - 10 Setembro, 2024