BIBOPALULA

O Galician Freaky Film Festival homenaxea a ‘The Rocky Horror Picture Show’ na súa nova edición

Esta venres 23, previa celebración do día do Orgullo Freak, o Galician Freaky Film Festival revelou diante do Museo MARCO o cartel da súa novena edición coa que rende tributo ao filme The Rocky Horror Picture Show.

O doutor Frank ‘N’ Furter, o científico alieníxena protagonista do filme The Rocky Horror Picture Show, non quixo perder a presentación á sociedade viguesa do cartel da novena edición do Galician Freaky Film Festival que este ano quere render homenaxe a este filme de culto, estreado en 1975 e protagonizado por Tim Curry e una noviña Susan Sarandon. A proxección de The Rocky Horror Picture Show será o gran colofón desta edición que se celebrará entre o 19 e o 27 de setembro no C.C. Plaza Elíptica. O cartel, protagonizado polos emblemáticos beizos que dan comezo ao filme, volve a
ser obra do ilustrador Paulo Mosca e a deseñadora María Llauger, quen levan desde o inicio sendo os responsables da imaxe gráfica do festival.

Entre as novidades desta edición, a organización decidiu ampliar, por petición popular, as xornadas do seu festival paralelo, o Pequefreak, destinado ás familias e aos freaks máis pequenos da casa. O Pequefreak terá lugar os días 20 e 21 de setembro no C.C. Plaza Elíptica, con actividades paralelas na sala Apo’strophe e proxeccións nos Cines Tamberlick. Ademais, este ano o festival dos pequefreaks contará por vez primeira cun xurado infantil ao que todos os nenos e nenas que teñan interese poderán inscribirse. Entre os inscritos farase un sorteo para escoller aos pequefreaks que asumirán a nada doada tarefa de escoller a mellor curtametraxe da edición.

Non seu afán de non deixar de sorpredendernos este ano o festival acollerá a primeira Galician Freaky Zombi Walk, un terrorífico e divertido encontro de mortos viventes que terá lugar durante a quincena do festival e co que a organización aspira a facer a maior concentración de zombis que vise a cidade de Vigo. Para conseguir este logro, o GFFF convida a todos os cidadáns de entre 0 e 99 anos a que preparen as súas máis aterradoras maquillaxes e roupas para este divertido e peculiar encontro que partirá do Museo MARCO.

Desde o 2017 O Galician Freaky Film Festival trae á cidade olívica unha coidada selección nacional e internacional de curtametraxes de xénero. Pezas moitas veces inéditas en Galicia e España, só desfrutables nalgúns dos mellores festivais do mundo. Unha abraiante selección de obras, unha coidada programación de actividades paralelas e un ambiente único fan que cada ano aumente o exército de freaks que se achegan a Vigo para gozar dunha experiencia que vai alén do cinematográfico.

REVISTA XUNHO
Vertical IG_GFFF – 1