O festival Son e Mar celebrará seis xornadas con seis estilos musicais diferentes
Safri Dúo, Rebeca, Budiño, De Ninghures, Amistades Peligrosas ou Cómplices están entre as novas confirmacións do festival Son e Mar, que se celebrará en setembro en Vigo e contará cunha vintena de concertos.

O molle de trasatlánticos acollerá este mes de setembro a primeira edición do Ciclo Son e Mar, unha proposta de seis citas que combina talento galego, música disco, pop dos 90 e ritmos urbanos. A Xunta de Galicia detallou esta mañá os carteis do festival Son e Mar, anunciado o pasado mes de maio. Un festival dividido en seis xornadas ao longo de dúas semanas, pensadas para diferentes perfís de público e que prevé reunir a máis de 35.000 persoas no Porto de Vigo. Os eventos son gratuítos, agás o concerto de Hard Gz, que ten as entradas á venda desde 25,00 € online e que xa leva vendidas máis de 3.000.
A actividade comezará o 4 de setembro coa sesión titulada Nados para Bailar, centrada na música disco e que contará con actuacións de Safri Duo, Rebeca e Sonia Madoc. O sábado 5 de setembro o programa continuará con Aqueles marabillosos anos 90, que reunirá a figuras do pop-rock español do século pasado, como Amistades Peligrosas, Cómplices, Rafa Sánchez (La Unión) e Tam Tam Go.
O xoves 10 de setembro celébrase a xornada Unifes, orientada especificamente ao público universitario coas actuacións de LG1DO e Barce. Un dos pratos fortes da programación chega o venres 11 de setembro co evento Lingua UrbanaEste será o único evento de pago de todo o festival e estará protagonizado por Hard GZ. O artista vigués regresa á súa cidade natal cunha expectación elevada, acadando xa as 3.000 entradas anticipadas vendidas. Previamente,
O tramo final do festival centrarase na música galega. O sábado 12 de setembro terá lugar A Movida Viguesa, un evento que agrupa a bandas e músicos que definiron o son da cidade décadas atrás, como Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas (Siniestro Total), Killer Barbies e Stoned at Pompei. Finalmente, o domingo 13 de setembro, o ciclo pecharase co Orballo Cultural, unha aposta pola música contemporánea galega que contará con Budiño, De Ninghures, Ortiga e Xabier Díaz & Albufeiras de Salitre.
Programa completo:
4 de setembro: Nados para bailar
5 de setembro: Aqueles marabillosos años 90
10 de setembro: Unifes
11 de setembro: Lingua Urbana con HardGZ
12 de setembro: A Movida Viguesa
13 de setembro: Orballo Cultural




