REVISTA ABRIL

O festival Latitudes dá a coñecer os horarios dos concertos

O 19 e 20 de agosto o peirao de Trasatlánticos acollerá o festival Latitudes polo que pasarán artistas como Two Door Cinema Club, Mando Diao, The Vaccines, Iggy Pop e varias bandas galegas. Agora xa sabemos a que hora actuará cada unha delas. Os abonos e entradas por día están dispoñibles en Ataquilla.

O festival, que vió a súa última edición no ano 2016 en Santiago de Compostela, chega a bo porto como parte da programación musical do Xacobeo 21-22. Que converterá durante dous días o porto de Vigo nunha nova parada obrigatoria do Camiño de Santiago.

Latitudes arriba en Vigo cun cartel que inclúe algúns dos principais referentes da música indie-rock do panorama internacional. Empezando polos norirlandeses Two Door Cinema Club, sen esquecernos de bailar co suecos Mando Diao ou a banda británica The Vaccines, para chegar á lenda estadounidense do rock Iggy Pop.

A arte galega non falta nesta edición do Festival Latitudes. Entre os invitados a esta cita atopamos á banda viguesa Aphonnic, que tocarán o seu metal alternativo, os pontevedreses Furious Monkey House, o trío de blues cósmico, e tamén vigués, Zålomon Grass, e o dúo grunge galego Bala.

Ademais, como novidade, cada día tras a actuación das bandas, o público asistente poderá gozar de sesións DJ. Polo momento, unha das artistas confirmadas será Silvia Superstar DJ, que actuará o día 20 de agosto. Confirmarase proximamente o/a DJ que actuará na sesión do sábado 19 de agosto.

Os abonos para os dous días do festival pódense adquirir en ataquilla.com no seu último tramo de 50€ máis gastos de xestión. Ademais, as entradas por día para o festival tamén están dispoñibles por 30€ máis gastos de xestión.

ARTISTAS POR DÍAS

Venres 19

Apertura de portas: 18:30

19:30 – 20:15 Zålomon Grass

20:45 – 21:30 Bala

22:15 – 23:45 Mando Diao

00:30 – 02:00 Two Door Cinema Club

Sábado 20

Apertura de portas: 18:30

 19:30 – 20:15 Furious Monkey House

20:45 – 21:30 Aphonnic

REVISTA ABRIL

22:15 – 23:45 Iggy Pop

00:30 – 01:45 The Vaccines

01:45 – 02:30 Silvia Superstar DJ