O Festival Kerouac confirma os primeiros artistas da súa 15ª edición
Entre o 15 e o 18 de outubro, Vigo énchese de poesía grazas ao Festival Kerouac. Cunha ampla traxectoria formada por quince edicións, dito festival consolidouse como un dos máis lonxevos da península e único na súa especie. A cidade olívica goza de catro días de eventos, con presentacións, concertos, performances e recitais.

O Festival Kerouac da a coñecer os primeiros artistas confirmados para a súa décimo quinta edición. Desde Madrid e Valencia, cunha proposta de rap intimista e reivindicativo, chegan La Sole e o Hombre Viento, que actuarán o sábado 18 no Museo MARCO. As instrumentais están compostas polo Hombre Viento, un ourive do son urbano que acompañará a La Sole en directo.
Un día antes, haberá concertos en plena Gran Vía, na Marquesiña de El Corte Inglés, de artistas locais como o cantante de rap Malvares (de Rebelión do Inframundo), quen presentará algunhas das súas novas composicións xunto a varios convidados. Entre as súas propostas, destaca Vigo State of Mind, unha oda á cidade olívica.
Tamén o venres 17, o público do festival poderá desfrutar do proxecto poético-musical da poeta Noelia Gómez e o músico Rui Grenha, así como da actuación en vivo da cantante galego-palestina Najla Shami, coa súa mensaxe de liberdade e tolerancia.
En definitiva, ano tras ano, o Festival Kerouac continúa medrando e apostando por proxectos poéticos que van máis alá. Ao longo das vindeiras semanas, desde a organización do evento, anunciaranse os demais artistas que formarán parte desta edición.




